xoves, 19 de marzo de 2020

Riglos. Mallo dos Clérigos: Sin Perdón

O tempo corre tan rápido que saltou os límites da realidade, a nosa existencia acadou tempos de confinamento por toxina microscópica, o realismo máxico saltou dos conceptos para explicar o mundo a ser axente patóxeno real. A narrativa da fantasía cunqueriana domina o escenario e en Macondo algúns temos, finalmente, tempo para escribir no blog, porque o tempo decidiu pararse e Ursula espera sentada con Jose Arcadio, baixo o castiñeiro do patio, a que a árbore e o seu compañeiro recuperen a cordura. Perdoade o peñazo pero Pedro Paramo ou Como Agua para Chocolate fixéronse virais e acadaron conciencia máis alá da explicación da realidade alterada, a maxia alcanzounos... finalmente somos literatura!
Horas de encerro nas que recupero espazo para escribir, ese espazo que me permite seguir na montaña estado diante do computador. Despois de varios anos recobro fotos dun rutón aberto por Toño, Manolo e Fernando: Sin Perdón. A Parede dos Clérigos non é moi coñecida en Riglos máis, dentro da modestia, non ten nada que envexar a outras pois é unha pequena Visera. Toño lioume para irlle dar un pegue, e saneala un pouco, porque acababan de abrila e todavía non a tiñan encadeada (nas fotos aínda saen as cordas fixas que tiñan postas), suamos algo de tinta, gastamos todo o magnesio que levábamos e saímos voando con algún bolo... pero foi toda unha experiencia. Ruta moi recomendable e onde hai que ir algo posto en Riglos se non queredes padecer penurias, he he. Déixovos unhas fotos...
Toño no diedro do L1, aínda sendo un grao humano habia que ir fino, 6b, boísimo! Vense en toda a vía as cordas fixas que deixaron para probala e limpala!
O L2 é continuidade pura, 7a.

O L3 tamén era moi contínuo pero tiña unha sección algo picante onde debías saber a secuencia... e que bolos pillar, 7b.

O L4 era humano ata que te metías na zona gris, levade un estribo para saír dese desplomaco, 6a+/Ae.

Mellor baixar andando como se fose da ferrata! Nós tiñamos as cordas fixas e usámolas porque vaia desplomón para iso de "rapela como poidas"! uffff!!!

Magnífico bosquexo de Fernando Cobo



Ningún comentario:

Publicar un comentario