domingo, 21 de xullo de 2019

Corral do Veleta: Cristal Oscuro

De novo neste lugar que me costa describir, máxico e enigmático mas cunha rocha sombria, onde as vetas naturais non abondan e as tebras parecen abranguelo todo, hai sempre que tirar algo do oficio e un pouco da aventura, a conxunción perfecta, porén... na cabeza un pouco de flow (como se di agora) que non ten que ver con ningún ritmo, ou si, talvez co da aproximación que te leva por riba dos 3000 mt. Con Andrés e Eladío o éxito está asegurado, un placer!!
A Cristal oscuro recomendároma como das boas deste muro e non se equivocaron, ten algúns diedros moi bos e unha placa final antolóxica. Faise en catro longos, que son bastante bos se navegas un pouco e sabes onde montar as reunións, o cal non foi o noso caso... e por iso fixen un pequeno bosquexo que penso que define o percorrido perfectamente. Via recomendable e na mellor compaña.
Bosquexo que coido aportará info... ou de como facela en catro longos e acertar nas reunións!!

Os meus compis no diedro do L2, 6a, bo longo!! O diedro da primeira tirada tamén é moi bo!!

Reu de fortuna, ponte de mala rocha e dous micros... está parede non é moi agraciada para montar estas cousas, fácil de evitar se segues as indicacións do bosquexo!!

Andrés despois de superar o Diedro Vermello, L3.

Aceirando, a vista (he he), no inicio do L4, din que é 6c+ pero cos dedos frios a apretada é para desfacer un tendón!! bua...

O resto do longo é máis humano pero hai que darlle, principalmente nas primeiras chapas... 6b/6b+

Eladio gozando da última parte do longo, con máis canto e mellores pés!!

Toma fotomontaxe no cumio!!!! un pracer colegas!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario