domingo, 25 de agosto de 2019

Corral del Veleta: El Laberinto de Minos

Outra volta pola norte do Veleta. Comezo a atoparlle certo atractivo a este tipo de escalada... é como algunha música que tes que escoitar varias veces ata que lle pillas o toque mais cando te agarra soe ser unha gozada, probablemente polo lugar, ou talvez polas características da parede, escalas por riba de 3000 mts e nunha rocha bastante mediocre, cun tipo de movimentos que non se parecen a maioría das cousas que coñecemos e onde hai que ter vista para a autoprotección... o conxunto comeza a agarrarme e, en Andalucia, en pleno agosto e cun forriño!!!
 A Laberinto de Minos é unha rota interesante, con algúns longos realmente excepcionais e outros nos que cómpre navegar, a placa do segundo e o diedro do quinto longo son preciosos é reivindícanse por si mesmos, hai outras partes onde tes que ler a rocha e buscar a rota, en conxunto merece a pena e, seguramente, algo máis difícil do que parece sobre o papel. O punto negativo póñeno as reus, non sei cal é a razón da situación dalgunhas: a R1 está colgada a 3 mts dunha repisa enorme?? a R4 tamén colgada nun lugar incómodisimo?? cando 10 mts por riba hai varias zonas caralludas e, alén de non romper o longo pola metade, verías ao compañeiro atacar o diedro do L5, diedro ao que lle comeron a saída por pór a reunión colgada xusto ao saír del (si, a R5 tamén colgada??), e é unha plataforma enorme na que te podes por cómodo, non estropear a saída e segues vendo ao compañeiro, só había que pola un metro máis arriba?? en fin... agradecendo o traballo do equipador este é un exemplo de como estragar unha vía pola montaxe das reunións.
Andrés na repisa da R1, eu colgado da reunión cos pés a dous metros do chan... incrible!!

O meu compi rematando o L2, un 6b apretón, e ben curioso, que che pon os popeyes a andar...

De novo Andrés, agora ao final do L3, navegación sobre rocha mediocre!!

Na R3, por riba nosa podedes ver perfectamente por onde vai a vía, nesa zona hai que buscala.... grazas a algunha chapa porque non é moi evidente, practicamente xúntase con Cristal Oscuro antes do diedro vermello.

A R5 fixémola na base deste diedro, pero para chegar son metros e roza algo a corda!! Andrés escalala o L5, V+, bonito longo!
Paso curioso na metade. Eu estou nunha plataforma enorme pero colgado no aire literalmente porque a reu está xusto na saida do diedro, colgada, e estou impedindo que o meu compi faga o paso de saida do diedro. Unha peniña!

O último longo remata nesta cheminea estreita que se escaquea pola esqueda, Vº.

Un pracer compañeiro!!

Como non vin moitos bosquexos da vía fun pintado a mona e tirei este que penso nos guiará pefectamente pola parede. Xogo de micros ata os mais pequenos, friends ata o nº 3 e 4/5 entaladores medianos, alén de 12 cintas longas ou moi longas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario