xoves, 20 de xuño de 2019

Penyal d´Ifac: Herbes mágiques e Triple indirecta

A rocha mediterranea ten o seu mellor mellor bastión no Penyal d´Ifac, rutas con clase nunha muralla colgada do azul intenso, bóbedas e fendas construídas pola acción da natureza mariña, coas súas propias leis de conservación e escalada, un lugar onde onde as condicións seguen rexéndose polo capricho do mar e no que unicamente as cualidades peñoneiras te permitirán conquistar o cantíl... o Peñon ten os seus propios diaños!! Desta vez acertamos con dúas vías realmente moi recomendables e, dalgun xeito, supercaracterísticas do lugar.
A Herbes Magiques é unha verdadeira xoia clásica, impresionante apertura de Camarena e Martínez en 1978, restaurada na actualidade porén aínda mantén certo carácter, principalmente no primerio lance. Via de moverte por todos os terreos peñoneiros, exigente no L1, precisosa navegación nos seguintes e espectacular nos finais. O bosquexo habitual recomenda fuxir do L1 e do L4 pero actualmente pódese pasar sen exposición excesiva nin usar pitóns. Bo bosquexo en cuadernodemontana.
A Triple Indirecta foi unha gran sorpresa... boa convinación de vías que comeza na Anglada-Gallego por un terreo clásico imprescindible e, cun longo de transición que hai que buscar, prosegue pola Revelación navegando un pouco ata colocarte no diedro branco e, logo de achegarse ao muro final, remata pola alucinante saída da Mistela, protexida por bóbedas habitadas por meigas! Brillante convinación pola que hai que felicitar a Roy e a Miguel. Bosquexo prefecto en elev-arte
A primeira tirada da Herbes é esixente, 7b/A2
Coido que o L2, V+ de navegación sen GPS...  magnífico!
O L4 pola ruta orixinal... 6b, actualmente conta cun bolt no paso e xa non ten tanta expo!!
Julian no final do L6 (que ligamos con L5 perfectamente), unha sección algo rota pero con bastantes pontes de rocha, 6a.
Espectacular entrada para comezar co artifo do L8, A2e.
Julián congándose de todo nese tramo de artifo, o taco de madeira é antolóxico!!
Un tramiño de 6a, superdesplomado con canto, e un péndulo póñente ao pé do último longo... no que saímos por onde puidemos (practicamente de frente por terreo roto). Despois do primerio pitón da placa hai que botarse á dereita e escalar en diagonal (hai un máis enriba pero mellor non ir), logo de atopar dunha reu de pitóns nunha repisa, tirar completamente para a dereita en travesía total, buscando o camiño fácil, moito máis á dereita do que sinala o bosquexo.
Xogamos na Triple Indirecta, entrando polo muro que dá comezo á Anglada-Gallego, 6b.
Preciosa foto que nos fan a Martin e a min na R1
Sempre hai xoias no camiño!! o pitón meditarráneo canta tanto como o bolt atlántico!!!
Martin deixando a Anglada para facer un longo de transición que nos levaría ata a Revelación, Vº
O meu compi comezando o diedro branco, 6b+, ben protexido e con fendas onde meter a pracer... e menos mal por que está pulido como o marmol!!!
Bonita foto!!

Con esas patorras... he he, saíndo das últimas dificultades!!
Martin no L7, espectacular muro de canto continuo, 6a+. Precioso!!
Impresionante camiño entre bóbedas!
O L8 é unha curta travesía de 6c que nos deposita nas pendentes finais.
Brutal!!!
Os catro xinetes dándolle caña a unha paella no porto de Calpe. Vaia semana de gozar colegas, sodes uns cracks!!!
Unha semana máis tarde volvín para o rali 12h, e repetín a Herbes outra vez, e a Mare Nostrum e Virginia Diaz. Aquí con Pablo despois da paliza!!
E no podio de segundos en veteranos, Roy e Miguel de primeiros, van como foguetes, e Javi e Edu perseguíndonos a todo trapo... he he, estupendo rali o do Peñón!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario