luns, 3 de xuño de 2019

Alicante. Puig Campana: Danza de la lluvía + Diedro de las sirenas

Outra entrega por Alicante, esta vez no Puig Campana. Levabamos días pola zona e buscabamos algo máis curto para descansar o corpo activamente, marchamos para Finestrat na procura das placas e diedros desta rocha, colleita de bos anos e dos mellores caldos, alén de que a posibilidade de rapelar a vía permitíanos fuxir da canle de descenso e xestionar a paliza que sempre supón baixar do Puig Campana. Julián xa estaba connosco, ia cun colega murciano a escalar na cara oeste. Finalmente todos nos atopamos no parquing xunto á Font del Moli para seguir gozando das tardes relaxadas e de risas na compaña dos amigos.
A Danza de la lluvia + Diedro de las sirenas esta un pouco á esquerda da Diedros Mágicos é trátase dunha combinación natural que nos permite chegar áparte superior do Espolón Central, polo que se pode continuar ata o cumio, porén tamén podes facer tres rápeles desde a R8 que te levan a pé de vía. A primeria parte son placas bastante apretonas e logo pillas algunhas fendas ben bonitas para rematar percorrendo ese diedro final que é realmente precioso. A vía é moi recomendable pero algo máis picante do que parece sobre o papel. Bo bosquexo do Luichy.
Josele nas placas apretonas do L2, 6b. A chegada á reu pareceume bastante máis difícil, estas reus iniciais son colgadas.

Martin colle a corda e comeza o L3, 6a.

De novo Martin, esta vez no L4, 6b+.


No L5, preciosa fenda, 6a.

Josele chegando á repisa da R5

Despois dunha zona de transición vén o último longo, L8, O Diedro de las sirenas, unha tirada excepcional, 6b.

Ten un penedo empotrado que me costou máis chapar ca escalar.

O animal vallecano agarrado á punta dese bloque. lorgo magnífico!

Ningún comentario:

Publicar un comentario