venres, 4 de maio de 2018

Peñón de Ifach: Los Miserables + Línea Mágica

Seguimos por Levante, agora en Calpe dándolle caña ao Peñón... outro lugar de infarto, voando sobre o Mediterraneo cunhas paellas esquisitas esperando no porto, un paraiso de escaladores rodeados de turismo que desaparece en canto te arrimas á parede, e con moito respecto ás donas do lugar que impoñen a súa cultura territorial e a defensa da prole, escalamos cando as gaivotas nolo permiten... porén desta vez estaban máis tranquilas!! Seguimos dando estopa Martin, Josele, Julián (que nos abandonaría o dia que fixemos a Linea Mágica) e un servidor. O Peñon sempre é un trunfo!! Esta vez escollimos dúas boas vías que, aínda que de corte bastante diferente, son dúas gozadas máis desta pena chantada no mesmo bandullo da costa Mediterranea. E como o último día daban choiva marchamos para Chulilla, lugar precioso, unha escola que ben merece múltiples visitas por cantidade e calidade das súas vías.
Los Miserables é unha boa vía, algo desmellorada pola entrada común coa Valencianos, mais unha vez pasas os primeiros longos a cousa vai mellorando sobre placas bonitas, ata que na parte superior vas loando aos deuses da rocha pola beleza dos pasos de buracos con canto desplomado, a parte final faina unha vía moi apetitosa. Josele e Martín escolleron ese día a Costa Blanca, outra xoia do Peñón!! Bosquexo no Blog de Pablo
A Línea Magica comeza na parte central da parede e iso soe darlle outro carácter... rota peñonera cen por cen, esixente no seu grao e cun trazado brillante, comezas apretando por placa fina ao lado da Gómez-Cano,  coa que comparte o final do L1 e todo o L2, e viaxas por uns desplomes de bóvedas e placas típicos do Peñón, sen que ningún longo teña desperdicio e co grao ben recio, penso eu! Rota altamente recomendable. No blog de Pablo podemos ver o reu relato da súa ascensión e dous bosquexos, un sobre foto e outro de Luichy que foi o que levamos nós!
Juián no noso cuarto longo, o segundo da Miserables, 6c.
Mentres Martin e Josele dándolle á Costa Blanca
Foto que me fan desde a Costa Blanca acabando o L3 da Miserables, 6b guapísimo!

Julián sese mesmo longo, chegando al reunión!
O seguinte é outra marabilla que te leva ata o cumio, 6b.
Julián saíndo do avismo de Helm!! Ambiente mediterráneo na terra media!
Xogamos na Línea Mágica, primeiro longo fino, 6b+.
Martín e Josele nese L1 vistos por riba!!
L2 común coa Gomez-Cano, 6a/A0
Josele chegando á reu... rocha típica!!
O L3 é alucinante, bóvedas de loucura peñonera! 6b+.
Brutal este L3!!!
Os meus compis adaptáronse á corda tensa e xa me dixeron que os levase ata o cumio, he he, Este L4 é un 6a con carácter!!!
O L5 aproxímanos ao cumio pero cunha sección ben dura ao comezo, 6c.
CHULILLA, pontes colgantes camiño do sector Oasis.
Preciosa vila con ambiente escalador e múltiples sectores.
Placas moi técnicas, longas e desplomadas.
Un paraiso deportivo, tranquilo, con todas as orientacións e para cordas de 80 mts.

Ningún comentario:

Publicar un comentario