sábado, 28 de abril de 2018

Alicante. Ponoig e Tozal de Levante: Cocidito Madrileño + Rockabilly

Manter este espazo estame resultado cada vez máis difícil... non se pode chegar a todas partes, o tempus fugit é real e o ritmo de vida establece prioridades mais, na medida do posible, quero manter este lugar de comunicación, é o meu arquivo de certas actividades e, ao tempo, a niña forma de continuar na montaña estado na casa, alén de servirme de reflexión e de revisión das actividades... son dos que pensan que cada escalada ten a súa lectura e cómpre crecer con cada unha, iso intento cando escribo neste blog!!!... Que vos vou contar do Ponoig ou do Tozal que non saibades ou que non teña contado xa, pois que é un lugar máxico fagas o que fagas, como se só vas durmir aló enriba fuxindo do submundo humano urbanita... no Ponoig enormes escaladas e no Tozal algo máis curtas pero con carácter, aínda que non sempre se cumpra...
A Cocidito madrileño é excelente, completamente chapada porén admite escalada entre bolts, o que lle dá interese. Os tres primeiros longos son comúns con Heroes del silencio, o inicio sitúase uns metros á dereita das Adas e moi perto, un pouco á esquerda, da malograda vía Jesucristo, que aínda manten unha especie de cruz ao inicio; a nosa vía é unha sucesión de preciosas placas e cun teito brutal que aconsella levar un estribo ou facer 7c. Bosquexos hai por internet, este é de Hokus Pokus.
A Rockabilly é unha xoia do Tozal, audaz e intrepida no seu trazado, salva a liña de teitos con intelixencia e oficio aperturista, practicamente equipada pero con múltiples pitóns e pontes de rocha que, nalgún caso, necesitarian algunha revisión. Todos os longos merecen a pena pero o sexto é brutal, o bosquexo é de elev-arte.com, e máis abaixo déixovos tamén un propio aínda que sen moitas pretensións, he he. Unhas fotos...
Julián no L3, 6b, último común coa Heroes... estes tres longos son moi bos!!
O noso L4, unha placa magnífica de 6b das que te gustas escalando!!
O meu compi non paraba... sempre conestao!!! he he!!!
O teito é bruto, mellor cun pedal ou hai que apretar!!
Pero que porte ten este murciano.... detrás del a liña de costa enchese de rañaceos, máis próxima a Gotan que a Benidorm!!
Julian meténdolle ao noso L10, 6c+, unha placa con paso ben asegurada!!
O último rapel volao sempre ten unha boa foto en claroescuro... pena que o dia era pouco claro para sacar a liña de costa de formigón detrás!!
Que marabilla ao pé do Ponoig!! amigos e risas... un oasis de paz!!!
Un pequeno bosquexo da Rockabilly no Tozal de Levante. Via moi recomendable!!
O inicio da vía é nun diedro, con aspecto roto, que sae pola esquerda dese teito triangular inconfundible, 6b+.
O meu compi nesa placa preciosa que nos mete na primeira barreira de teitos. L3, 6b+.
Impresionantes desplomes con canto e pontes de rocha!
Preciosa foto que me fai Julián superando a primeira barreira de teitos nese L4, 6b.
A saída do desplome vista por riba!
O L5 é precioso, na parte final tes que ir moi fino porque apreta (7b) pero vai dando algo... ao final ponse moi duro e aceirando vaise indo... he he, 6b/A0, e metidos baixo a segunda barreira de teitos.
O L6 é unha xoia... méteste nun desplome brutal con canto e pontes de rocha e saes nunha travesía en placa con gotas de auga enormes que te levan a uns pitóns polos que te achegas á reunión, un longo de fantasía!! 6c+.
Julián na placa de fantasía.
E outra máis!!!
Enorme pracer amigo!!!
A guía para curtos/as de miolo que sempre se agradece. Os seguros ao meu rollo pero penso que servirá para aclarar conceptos.

2 comentarios:

  1. Menudos teitos tiña esta vía!

    ResponderEliminar
  2. Ola Carlos... si , o Tozal defínese pola gran barreira de teitos que o percorre, esta via soluciona intelixentemente ese problema por unha zona menos agresiva pero con moita clase e moito oficio. Aperta meu!!

    ResponderEliminar