luns, 15 de xaneiro de 2018

El Chorro: Apocalipsis

A ultima vez que visitei El Chorro ainda se vivía en pesetas, o camping do lugar funcionaba a tope e el Caminito del rei non se facía porque había partes moi perigosas, no entanto cruzabamos pola vía do tren, xogando ao gato e ao ratón cos gardas que se puñan en liña co camiño de ferro e multaban a quen pillaban, seguén multado pero non hai a mesma presión que daquela. Nos últimos anos abríronse moitas vías de varios longos, de concepto moderno e equipado xeralmente, pero esta zona segue sendo un terreo de xogo bárbaro para a escalada deportiva e con panos de rocha realmente brutais.
Nas Frontales Baixas hai un bo conxunto de vías de grado medio-baixo, nós escalamos Apocalipsis, unha rota pracer recomendable para iniciarse nas vías de varios longos equipadas, cun grao asequible, talvez máis recio nos 6as que nos 6bs, e de factura bonita por ter de todo, desde placas ata chorreiras, pasando por diedros e muros de buracos. Fixémola en menos de tres horas e indo moi relaxados, con 70m podemos empalmar longos onde queiramos. A baixada está perfectamente sinalada con fitos e coido que, como soe suceder, é mellor andar que rapelar. Via para gozar! Gran bosquexo no blog de bernabefernandez.
Aproximación en 10 mn, neste bosquexo vemos perfectamente onde comeza a vía.
Julián comezando nesa bonita chorrera de 6a
O segundo longo ten un paso algo bloqueiro pero logo hai cacho, 6b.
Precioso este L3, conti para ler a rocha e ir facendo, 6a+.
Este é o L5, 6b+, placa fina e diedro ben bonitos. Con outro longo de 6c e unha saida de IV chegariamos ao cumio.
Un pracer compañeiro!!!
Lugares, casa de rocha con explanada privada!!
Lugares, o caminito del rei agora enlaza por enriba da vía do tren!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario