domingo, 19 de novembro de 2017

Marrocos: de clásicas-modernas por Taghia

Retomando blog... A primeria vez en Taghia, percorrendo esas rotas das que ouvimos falar e que lle dan cualidade de destino obrigado. Pablo sempre me lía porque o seus proxectos sempre molan, co tempo xa van unhas cantas aventuras e tantos recordos... Cinco xinetes: Pablo´s (Velasco e Santos), Marcos, Javi e o que vos conta isto, escalada dinámica, compenetración, bo rollo e moitas risas... a convinación perfecta para facer desta cómoda viaxe un lugar de encontro e de amizades, o escenario onde compartir a beleza dun medio excepcional para a escalada en rocha coa paz dunha aldea case medieval, onde os valores son lei e as persoas enténdense cunha mirada aos ollos e cun apretón de mans, lugares onde a autenticidade e a humildade son os únicos que te acompañan e dan sentido a unha vída.
As rotas son en xeral boísimas debido a que a rocha é fantástica, moitas placas alucinantes e equipadas, nas que hai grao e teremos que apretar, tamén hai fendas pero desta vez nós pouco catamos, nesta viaxe dedicámonos ás clásicas do lugar que percorren placas perfectas por paredes de fantasía, a maioría equipadas case por completo. Os bosquexos podedes velos no estupendo artigo de Luichy ou na guía de Christian Ravier Taghia Montañes Berbéres. A seguir fago unha pequena descrición dalgunhas vías que fixemos:
- Belle et berbére (Les Sources): boa para inicarse en Taghia, con placas ben bonitas na parte media, aínda que lle falta algo de continuidade.
- Canyon Apache (Ifrig): excelente rota, super-clásica e con longos preciosos desde o inicio (a travesía lateral de inicio tiña unha corda fixa). Unha das mellores que catamos en Taghia.
- Baraka (Oujad):  Unha auténtica xoia, outra super-clásica que non debedes de perdervos por nada do mundo, cunha primeira parte bestial na que hai que navegar e unha parte superior preciosa para moverte en terreo máis cómodo e meter algo de ferralla. Sen dúbida a mellor vía desta viaxe.
- Susurro bereber (Les Sources): moi boa rota, como a maioría das desta parede cun inicio de grao potente e unha parte superior máis humana pero de rocha excepcional. Xusto á dereita de Zebda, non sae na guía e, aínda que sobre o papel pareza algo menos dura que as que ten ao lado, segundo Pablo vai ser que igual é ao revés. Bosquexo por internet.
- Au nom de la reforme (Taoujdad): outra boa rota de placa e que sobe a un cumio fermoso, talvez un pouco curta na relación esa de patear-escalar, he he, mais moi interesante.
- Classe montagne Épinal (Les Sources): A última mañá todos se apuntaron a un pateo menos Javi e eu que aínda tiñamos fame... o meu compi non ten final... outra vía preciosa de placa con algúns longos intermedios boísimos e de escalar moi fino.
Déixovos cunhas fotos, se queredes ver máis e algúns vídeos visitade o blog de Pablo Velasco, tamén colgou uns videos en youtube
A paz de Taghia
Sociedade taghiense!
Amigos locales e intrepidos!!

Cores
Traballos
Equipo: Javi, Pablete, Pablo Santos, un servidor e Marcos... enormes!!!!
Belle e bérbere
Sempre de regreso!
Canyon Apache
Canyon Apache
Ferrata bereber
Lumiere

Ferrata bereber camiño de Baraka
Baraka

Baraka
Baraka
Baraka
Baraka
Baraka
Baraka
Baraka
Baraka
Baraka
Descenso pola canal branca pasando polas Sources
Sururro Bereber
Sururro Bereber
Sururro Bereber. Pablo practicando un "descanso activo"
Sururro Bereber
Sururro Bereber
Au nom de la réforme
Au nom de la réforme
Au nom de la réforme
Au nom de la réforme
Au nom de la réforme
Guapos, guapos... e con sex-appeal

Classe montagne Epinal
Classe montagne Epinal
Classe montagne Epinal

Equipaso pendurando... que grandes!!!
Cachondeo en Marrakech.
Polo zoco
Hotel, exercicios horizontais!! pracer enorme amigos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario