xoves, 5 de outubro de 2017

Ansó. Parede de Ur: Harrimiña

De novo na Peña Ezcaurre á procura do fresquiño deste val precioso. Os plans vanse sucedendo ata que te ves engarabitando por unha parede, primerio era Cienfuéns (desenganounos o Pirata: moita calor), logo unha vía á sombra do Tozal de Espelunga (cando chegamos vemos as fendas enchoupadas) e finalmente a parede de Ur, ao sol, pero non pasamos calor porque un airiño nos deu unha vidiña caralluda.
A Harrimiña é outra obra co selo Luzio Egiguren, de estilo similar ás multiples rotas que ten abertas no val, con bastantes bolts pero onde tamén haberá que usar os friends para completar a protección. A vía vai paralela e cruzándose coa Camille, mais penso que é notablemente máis esixente, principalmente pola rocha, posto que merece moita máis atención por descomposta (ás veces parece que estás trepando por un tetris), porén a parte superior mellora e o conxunto deixate satisfeito. Aínda que a via séguese ben, é interesante o bosquexo da nova guía de Picazo porque mostra as dúas vías para non confundirse. Aqui vos deixo un enlace de laleyendacontinua onde podedes ver ese bosquexo e outro sobre foto.

O L1 é unha placa fina fina que hai que negociar con técnica, 6c. Martín e Toño en faena!
Os meus compis no L3, 6a, que te deixa nun chanzo baixo o diedro característico.
No diedro do L4, 6b de conti, é bo máis pena da rocha que non é ningunha marabilla! Á súa dereita o diedro de Camille que é unha autentica xoia!
De risas! adiviñades quen é o tímido? ha ha!
Toño rematando o L6, 6a+ por embaixo vén Martin!
Toño quitoume a corda e saíu disparado, este é o L7, 6a+, desde aquí ata o cumio a rocha mellora!
Un L8 moi bonito, 6b.
Con aoutro longo máis saímos por arriba. De camiño ao GR por esas preciosas pradarías e a visión inesquecible do val! Ansó é realmente un paraíso natural!

Ningún comentario:

Publicar un comentario