luns, 5 de xuño de 2017

Peña Rueba. Mallo la Mora: Bruno-Gaspar + Directa

Outra voltiña por Peña Rueba gózando das "escaladas pracer" que nos ofrece este macizo de conglomerado próximo a Riglos, de moda ultimamente. Dúas escapadas rápidas, esta vez no Mallo la Mora, compartindo corda e risas por estas vías onde a seguridade se convirte en axioma e as apretadas entre chapas non soen ser obrigadas... a auténtica aventura neste lugar provén das pedras que che poden tirar as cordadas que se atopen por riba. Un día acompañei a Luichy e Toño, que me adoptaron, e outro encordeime con Martin, un pracer compañeiros!!
Son dúas vías divertidas e bonitas porén gustoume máis a Directa. A Bruno-Gaspar ten un inicio curioso e bonito mais logo a sección tumbada quítalle algo de interese, os longos superiores son os mellores, principalmente o penúltimo cunha placa intensa e unha panza onde hai que buscar o bo canto. A Directa ten un inicio menos divertido e a mesma sección tumbona, mais logo comezas unha serie de longos moi chulos ata o cumio, principalmente o 6b e o 6b+, de grado cómodo e con ambiente, estes longos merecen moito a pena! O tempo está tolo, un día ía fresco de verdade e dous días despois iamos asados de calor, non hai quen o entenda! Bosquexos en suenovertical e Hocus Pocus. Unhas fotos...
Luichy comezando o L2 da Bruno -Gaspar, V.
De novo Luichy... saíndo da panza do L5, 6a.

Xogamos an Directa, Martin na rampa de IV que nos leva a parte superior, a máis bonita sen dúbida.

Martin saíndo da travesía de 6b (L4), grao cómodo e non obrigado!
No L5, 6b+, cunhas panzas desplomadas e bonitas que da gusto escalar.

O último longo tamén é divertido, V+.


Ningún comentario:

Publicar un comentario