venres, 12 de maio de 2017

Montrebei. Paret de Catalunya: Globeros en Alaska + Náufragos de soledad

Cómo era o chiste ese multiétnico que dicia: "estaban un italiano, un suízo, un murciano e un galego e...", pois esta foi unha desas!! Diego chámame desde Dolomitas para que lles prepare unha semana de vacacións rochosas, quere visitar Rodellar, Riglos e Montrebei, eu encantado que tamén me teño que ir pondo as pilas, e como sempre se pode mellorar desde o sur anímanse os murcianos e mesmo se traen un xamón... iso é arte e o demais son contos!!! Os planos van callando e Diego preséntase con Luca, un suízo todoterreo co que xa compartíramos corda na Patagonia, e Albi, outro dolomiti-man máis forte có vinagre, e desde Murcia soben Julián e Juan, que xa os temos medio adoptaos, he he, e cos que só coincidiríamos os primeiros días, mais cando marcharon do xamón só quedaba o óso, he he, ás veces si que gozamos!!
As dúas vías son magníficas mais completamente diferentes. Globeros en Alaska non parece Montrebei... é a placa perfecta e de fendiñas moi finas, cunha rocha inmellorable e dunha escalada excelente, bastante equipada por ser placa pero sen demasiadas xenerosidades e co selo do autor, onde se pode protexer hai que facelo e nalgún caso toca pensar, unha pasada de vía que nos reconcilia de novo con iso da "arte de escalar", a única pega é que non teña sete longos máis! Levounos algo menos de catro horas. Sobre o material penso que con 4/5 entaladores pequenos (para o L3) e cun xogo de totems do negro ao laranxa (nº 2) é suficiente. Bo bosquexo de Albert en ganxets.
Naufragos de soledad é outra historia, máis propia do lugar polo tipo de escalada de corte clásico que vai enlazando diedros, fendas e salvando teitos... para min a vía é unha contradición: digamos que non ten moi boa rocha en xeral mais hai tiradas moi boas, que non ten longos espectaculares mais vante deixando saciado, que non é difícil mais tampouco nada fácil, en fin... Montrebei 100%, probablemente unha das imprescindibles. A mellor rocha atoparémola nos longos abertos por Picazo e Porta que unen Nucleo Metálico con Le fil d´Ariadne, nos demais a cousa vai de cutre ata algo mediocre, pasando por delicao, algo sucio, algo herboso... toda unha aventura!!! O bosquexo de Luichy excelente na súa GUÍA do lugar, tamén podes encontralo polas redes, hai abundancia! Sobre o material dicir que, aínda que o bosquexo recomenda levar dous cámalots do 4, nós fomos só con un 4 e pasamos perfectamente, o único longo no que se necesita é no do offwidth, gardádeo para a parte final porque ao inicio da fenda hai outra fina á esquerda que nos permite protexer. A vía fixena con Diego nunhas sete horas, ese día Luca e Albi encadenaron a Incréduls no mesmo tempo ou algo menos, uns monstros. Vexamos unhas fotos, desgrazadamente non teño ningunha dos murcianos!!! en fin...

Luca comezando Globeros..., 6b
No L3, 6c,  talvez no que máis hai que pensar para protexer, Luca pasou correndo!!
O L4 é outra xoia, 7a+, inicio fino e fenda superior de orgasmo.
Este é o L5, 6c, agora é Luca o que chupa corda! e Albi pisándonos os talóns!
Boa foto no L6, e seguimos gozando como ananos por ese pano perfecto de rocha, 7a.
Por baixo Diego comezando o L5, hai outra cordada en Desequilibrio hormonal.
Xogamos en Naufragos de soledad, Diego no L1, V+, vaia lixo de longo! alén de que hai que ir con coidado porque  te podes mancar!
Diego no L3, V/V+, penso que xestionando as cordas pode unirse co L2, dan voltas pero son moi curtos!
O meu compi no L5, 6b, o diedro é dunha rocha esvaradiza curiosa e o teito cheo de caca de paxaro, todo vantaxes!
Espectacular visión da travesía do L6, V+, a rocha é moi cutre mais hai bastantes pitóns!
Estas fotos son caralludas, he he.
A Diego tócalle apretar para encadenar esa sección no seguinte longo, unimos L7 e L8 (7a e 6b) que son a mellor tirada de toda a vía!
O meu compi dolomítico non para de ser o obxectivo da cámara, he he, saíndo do offwidth do L9 (6c/Ae), agora a pitonisa cutre está ben protexida por dous bolts que hai algo máis embaixo. Este foi o único longo que non demos encadenado.
Esta preciosa e estética travesía do L10 enlaza con Le fil d´Ariadne, 6b,  e neste caso a rocha é boísima!
O último longo (L12), V+, cómpre salientar o anterior (L11) trátase dun longo de 6b mais algo cabroncete, a rocha é delicada e hai que apretar!
Diego e Albi despois de facer Globeros, uns titáns!!
Con Luca, enorme!!
Diego contento despois da Naufragos... na cima da parede de Cataluña e co Noguera detrás!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario