venres, 9 de xuño de 2017

A Peneda: Autopista

De novo na Peneda gozando de vías excepcionais nun contorno que nunca te deixa indiferente. Sen dúbida un dos grandes muros de granito da península, destino obrigado se gostas deste tipo de escalada. Manu enganoume unha vez máis e fixemos unha escapada rápida desde Lugo, un día fantástico para trepar ao sol, tempo fresco e algo de vento que che permitia escalar a gusto e acomodarte nas reus cunha manguiña, un triunfo nestas épocas de climas descontrolados. Vendo como están as cousas por estes lares... menos mal que nos queda Portugal!!!
A Autopista é outra magnífica vía que vai na procura das fendas evidentes desta parte da parede, todos os longos teñen interese, menos o L5 que é de transición, porén cómpre salientar o L1 que é excepcional, actualmente chapado con bolts mais pódese facer todo en autoprotección (exceptuando a primeira chapa da placa de inicio). O terceiro longo (A2) pásase ben con friends e entaladores mais hai que procurar ben os emprazamentos, non esquezades os micros pequenos! O friend nº4 e o nº3 repetido que se aconsellan no bosquexo só son útiles no L4. O bosquexo multivitaminado en meadinha.com, alén dun propio, que deixo ao final desta entrada para aclarar conceptos e contar como a fixemos nós, principalmente por unhas variantes que acho son case necesarias. Fotos...

Manu no L1, 6b magnífico! Nós usamos as chapas pero pode facerse practicamente todo en autoprotección.
Comezando o L2, unhas herbas complican a entrada de Manu á fenda que te situa ao comezo do off-width
Magnífico paso por baixo do teito, A2.
Excelente foto na R3.
Manu comezando a fenda ancha do L4, 6b, deixade un par de friends grandes para a parte final.
Panorámica bestial dunha cordada saíndo pola Meadinha, esa proa pola que tamén sae a Roi e a Tia Mucha é brutal.
Manu segue currándose ese L4
Despois dun longo de transición (de IV+/V) seguimos para enriba, o inicio do L6 é unha placa fácil, Vº/V+, pero se che rompe un pitón apañas repisón, vai ser que estaria mellor aquí unha das chapas do L1!!!!

O bosquexo que fixen que mostra as variantes e o mateiral que utilizamos, penso que servirá perfectamente!







2 comentarios:

  1. Que buena pinta tiene eso.. Tomo nota!!

    ResponderEliminar
  2. La peneda es la ostia Óscar, evitando la lluvia y los rigores del verano, granito alucinante y con vias que te enamorarán!! he he, un abrazo!!

    ResponderEliminar