sábado, 1 de xullo de 2017

Plan. Pared del Avasar: X-Men leñadores

Na procura dalgo de sombra desta primavera infernal... non hai moitos lugares a unha carreiriña de Huesca para poder trepar sen que o astro dos corenta graos che derreta os miolos. Madrugón con Toño para achegarnos ás terras de Plan no Bal de Chistau, o obxectivo era catar esta parede por vez primeira, mesmiño fronte a Peña de Sin, con orientación practicamente norte e cunha aproximación das que non fai falla ningunha estratexia elaborada, así da gusto!
A X-Men Leñadores estase pondo de moda, a via é boa, aberta en bo estilo e que che obriga a escalar. A primeira vez que vin o bosquexo do Edu quedei como dicindo... "parede fea", e certamente non pinta moi ben a primeira vista, porén a realidade é que a rocha é moi boa en xeral, alucinante se consideramos que é unha parede norte. Os dous primeros longos son curiosos, máis realmente trátase dunha transición para comezar a sucesión de diedros que te irán transportando nun meigallo vertical, para gozar da ferralla (non esquezades os totems máis pequenos), ata chegar aos dous últimos longos que, aínda que tamén contan, serven para achegarte ao cumio. Como din os aperturistas... se gostas dos diedros esta é a túa rota. Hai algúns longos realmente bestiais e hai que apretar, ao final da vía quedaremos ben a gusto e con gañas de chegar ás pozas. Bosquexo e reportaxe completa da apertura en edupicapiedres.
Toño na trave do L2, V, coa visión impresionante da Peña de Sin ás súas costas!
No diedro final do L4, 6c.
Rocha bestial neste L5, 6c.
Saindo da panza final do L6, 6c+, por embaixo vive un diedro de dedos precioso!!
O final do L8, 6c.
Excepcional o L9, 7a.
Toño segue negociando coa rocha para ver como remata o longo!!
longo brutal coa guinda ao final
A festa do voitre!!! o mundo ao revés... os humanos polos ceos e os voitres no centro comercial!!!!
O penúltimo longo, 6b, a calidade baixa nestes dous últimos longos pero hai que escalalos!!
Rápeles a todo meter que pola tarde dalle o sol á parede, e DEREITIÑOS......
.....ÁS POZAS

Ningún comentario:

Publicar un comentario