xoves, 23 de marzo de 2017

Olvena: La Lección + Valeria

Excelente sorpresa que me levei con estas dúas vías de Olvena. Levaba anos sen escalar na parede do Santo Cristo, o lugar merece moito a pena mais as vías que fixera ata o momento, sen ser malas, tampouco eran ningunha marabilla, e o mesmo se podería dicir da rocha. Quedei con Toño para trepar e rematamos en Olvena de casualidade, un día de primeiros de marzo que parecia xuño, e foi un novo descubrimento da mesma parede que había tempo tiña esquecida, unha casualidade atoparmos dúas vías que me deixaron un magnifico sabor de boca, seguro que do mellor que podemos escalar nesta parede. 
As dúas son vías de placa e teñen unha rocha bastante boa. La lección navega por placas verticais á dereita da Frixis, os dous primeiros longos son ben bonitos e o resto mantén o tipo excelentemente, cómpre levar algo de material aínda que está bastante equipada e o grao sae cómodo, especialmente no segundo longo que talvez sexa algo máis fácil do que pon o bosquexo. Valeria é unha pequena xoia, principalmente o primeiro longo que é excepcional, solo cintas pero claramente máis dura que La lección diga o que diga o bosquexo, Luichy corrixíu os graos acertadamente pero aínda así coido que se quedou curto (os graos postos polo equipador non eran realistas), nós vímos algo así: 7a, 6b+/6c, 6a+, 6a. Atención no último longo porque marca 40 mts pero debe ter 15/20 como moito (a reu está á esquerda con aneis brillantes para rapelar), hai que baixar pola vía porque por riba non vimos saída clara, se ides en simple mellor corda de 80 mts. Pódedes ver os estupendos bosquexos de Luychi en lanochedelloro, coa salvedade do comentado para o último longo de Valeria.
Toño comezando La lección, 6c.
No precioso segundo longo, o mellor da vía. Talvez máis próximo ao 6c/6c+ que ao 7a,
O homo riclensis subido ao pico, rematando o L3, grande foto!!
Toño continúa por esa placa do L4, 6b+.
Despois de descender pola ferrata aproximamos ao muro onde comeza Valeria (á dereita da Duquesa...)
Toño no L1 de Valería, 7a de conti magnífico e con pasos finos. Aínda que non o pareza a rocha é moi boa!
O L2 tamén é moi bonito, pode que máis 6c que 6b.
Toño no L3, un 6a que camiña cara o 6b!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario