xoves, 30 de marzo de 2017

Peña Telera: Chez Lulu

Na montaña invernal as condicións son a principal aventura... se non hai montaña pequena é porque as montañas grandes fanse máis pequenas en condicións idóneas, porén as pequenas convírtense en empresas enormes cando as mutacións se transforman na trampa que nos podería preparar o noso maior inimigo. Velahí o que nos aconteceu no Telera hai uns días, as clásicas parecian estar formadas e iso animounos a ir gastar os últimos cartuchos, mais erramos coas condicións e tivemos que loitar o noso para saír por riba... en casa-lulu ou pagas ou tamén hai que fregar os pratos, he he!
Era o día do pai e algo había que facer... e o Chez Lulu é un corredor moi estético que ben merece unha ascensión. Persoalmente a miña intención era facer o Super Lulu pero a cousa comezou mal porque a Toño deulle un medio baixón cando subiamos o inicio do Mº José Aller (aínda que ao comezar a vía recuperou e volveu ao seu estado natural hipermineralizado! he he), alén diso, vimos unha cordada na entrada directa tirando parte da "escombreira" e pensamos en adiantalos polo Chez Lulu, realmente é mala idea levar unha cordada diante neste corredor de rocha "teleriana". Logo veu o primerio longo e comezou a loita, seco, con rocha de difícil protección, neve inestable e algo de xeo podre do que non te podías fiar... menos mal que levabamos pitóns porque do contrario non pasamos; no corredor do L2 foi no único sitio no que pillamos algo de xeo decente; o L3 foi o máis duro, resaltes con formas raras de neve inestable, castelos de neve azucar onde te metias ata o ombro... o primeiro resalte ao saír da reu estaba para sacar o oficio e botarlle morro (alén de poder "estapinarte" un ostión) e o superior, que normalmente nin o ves, había que lelo ben e non te equivocar ao pinchar porque te podías ir con todo, en fin... cando chegamos á travesía pareceunos o máis fácil da rota, sempre gozando! O mellor bosquexo en lumaplumiferoak  Unhas fotos...
Toño nos últimos metros da canle de entrada do Mº José Aller que nos leva a pé de vía
Imaxe de como estaba a cousa no L1, o intelixente tería sido ir para o bar!
Toño saíndo á campa superior dese L1.
O meu compi accedendo ao corredor xeado do L2, por riba vense os rapaces do Super Lulu, aqui adiantámolos e eles finalmente optaron por baixarse, boa xente e coido que tomaron a decisión acertada... aínda que sentida é comprensible!!
Toño saíndo das últimas dificuldades do L3, ese día o máis difícil sen dúbida!
Ensamblamos uns 100 mts ata a reu que está baixo o diedro desplomado.
Toño na reu mentres eu fago a travesía. Sequir polo diedro desplomado impresiona, mellor con gatos!
O meu compi rematando a travesía.
Reu currada ao final da trave!
Os últimos metros do corredor de saída antes da cornisa cimera!
Descendendo polo corredor da Y... vemos o Maribel coa fervenza aparentemente en bo estado!

4 comentarios:

  1. Enhorabuena por la via. Pero eso de encontrarte gente en la via a la que vas y adelantarlos por otra vía, no se yo.... Hacerlo ya mal. Pero, ya contarlo....

    ResponderEliminar
  2. Lo siento mucho pero no suelo contar las cosas de forma diferente a como ocurren. Siento encontrarme a alguien en una vía porque me han jodido unas cuantas y siento tener que bajarme porque lo he hecho muchas veces, siento tener una costilla rota desde hace 20 años por una piedra de una de estas situaciones, siento sinceramente que alguien se baje de una vía porque yo voy delante aunque lo entienda... y si lo cuento lo hago orgulloso de la persona que se bajó porque hizo lo adecuado. Creo que fuímos honestos en la vía: hicimos la entrada más corta por si podíamos pasar primeros (y es la que inicialmente pensábamos hacer) de lo contrario nos habriamos bajado nosotros. Tambien creo que fuí honesto en el comentario: señale que pensaba que era una decisión acertada, sentida y completamente comprensible (sentida y comprendida tambien por mi).
    Lo siento mucho, nosotros hicimos nuestra vía, no entramos por ninguna otra y fuímos a nuestro ritmo (completa honestidad). Y lo cuento porque es mi forma de pedir perdón a esas personas, con respeto. Creo que actuamos bien, aún así pido disculpas porque se que es una putada que yo tambien he vivido algunas veces.

    ResponderEliminar
  3. No sé chico... Yo, que a lo largo de los años he adelantado a mucha gente (tanto en la vía como en la aproximación o en el mismo pie de vía), y también me han pegado auténticas pasadas sobre la misma vía, lo de adelantar por una vía distinta como que ni me lo pienso... No sé dónde está el problema, (por supuesto siempre y cuando una vez por encima se sea cuidadoso con no tirar cosas, pero esto ya por descontado)

    ResponderEliminar
  4. El problema es que en este corredor tiras cosas inevitablemente, la roca es pésima y está completamente suelta, principalmente cuando no hay hielo, y bombardeas literalmente al de abajo, aquí es delicado ir por detrás. Por eso respeto la decisión de bajarse pero creo que fué consecuencia de una situación normal, tampoco quiero darle más importancia, comprendo perfectamente el fastidio del que se baja! Un saludo!

    ResponderEliminar