luns, 23 de xaneiro de 2017

Pena Telera: Sonia

Preciosa vía nunha preciosa montaña. Neste xaneiro seco algunhas caras norte se puxeron fantásticas para ser ascendidas, pouca neve e menos xeo pero transformada para destapar as esencias do pracer das escaladas gozosas. Manu e Lucas foron descubrir o Telera aproveitando as condicións e, como eu andaba por aló, apunteime a unha das súas escaladas, unha actividade expres da que tiven que sair correndo para chegar a currar á noite, a pista correndo grazas a que subira os zapatos por todo o terreo seco, sempre gozando.
A Sonia é unha vía magnífica, na que os aperturistas tiveron unha visión excelente e unha boa realización ao deixala completamente limpa de material; os meus parabéns! De dificultade moderada e homoxenea case toda, exceptuando a cheminea que a divide en dúas metades e que nós atopamos completamente seca, onde hai que colocarse e riscar cos campóns na rocha, porén protéxese ben e dalle un pouco de dinamismo á rota. Os friends, e principalmente os pitóns, serán os nosos mellores compañeiros para subir con seguridade. Bo bosquexo en korkuerika.
No comezo da vía, a rampla de acceso é looongaaaa!! Na Diagonal overbooking, igual había 20 persoas!!

Manu comezando a vía, bonito primeiro longo!
Manu e Lucas ascendendo por esa neve corcho fantástica!
Contraluz de Manu buscando o acceso ás viras superiores.
Lucas gastando crampóns!
Manu entrando na cheminea, había que darlle e riscar na rocha!!
Superar o bloque empotrado levaba o seu traballo.
Lucas no mesmo paso!
Despois dalgo de piolet tracción sobre herba e doutro ensamble mais, continuamos a longos xa na parte superior da vía.
No neveiro superior común coa Senda de los cuervos.

Como os longos superiores da Senda de los cuervos estaban completamente secos fixemos unha travesía para saír polo corredor da Chez Lulu, alén de que me facía falta o tempo para chegar a currar!

2 comentarios: