xoves, 19 de xaneiro de 2017

Arguis. Parede de Bones: Entre a Pantera Rosa e os Minions algo de rock en Suave es la Noche.

Sigo enganchado ao sol de Arguis! Cada día me gustan máis as vias pracer desta curiosa arenisca, parecen repetirse mais todas teñen algún punto particular e pasos illados que lle dan algo de gusto ao conxunto. Un día subín con Martin a aproveitar unha mañá de escapada xuntos e outro día funlle presentar a zona a Manu e Lucas, para suavizar das palizas do Telera, a primeira vez sobre esta arenisca e sempre unha experiencia! Seguindo os pasos dos incansables Suli e Óscar... grazas por crear vida máis aló do bosque!!!!
La pantera rosa parece unha máis pero é ben bonita e cando chegas ao último longo alucinas coa esa fenda de dedos neta e na que hai que apretar, pena que haxa un aceiro ao final. Os Minions sempre son resultóns e neste caso trátase de dous longos de placa realmente únicos, preciosas tiradas que merecen moito apena. Finalmente, na sección de RockandRoll, atopamos este nome de canción: Suave es la noche, seguro que Yosi, Charly, Cereijo e compañía estarán encantados de que esta interesante vía reciba ese nome, bonita e cun L3 e L4 bastante bos. Por certo, no L3 o bosquexo marca un A0 que imaxino que xa non será porque nós sacámolo en libre e non penso que sexa máis de 6b+, alén de que son uns pasos moi chulos! Bosquexos en guaravertical. Unhas fotos!
Martin nos comezos de La pantera rosa, Vº
O meu compi plaquenado o L2, V+
A fénda do último longo é espectacular, pena da última panza! 7a/A0
O L2 de Mínions, via curta pero moi bonita! 6a+
Xogamos en Suave es la noche, agora con Manu (Lucas quedou paseando que non tiña gatos), este é o L1, 6a.
Manu flipando con esta curiosa arenisca, agora no L2, V+
·E de novo o meu compi gozando deste bonito último longo, 6c.

Ningún comentario:

Publicar un comentario