luns, 2 de xaneiro de 2017

Peña Rueba: Mallo la Calva: Más de lo mismo

Escapada rápida con Martin para gozar da liña que me quedaba por facer neste mallo, talvez demasiado cargado de rotas, máis vías aquí serían un atendado! Quizais o mellor mallo de Peña Rueba, merece moito a pena percorrer desde o mundo de bolos e panzas de caliza gris, máis presentes na parte dereita da parede, ata o mundo de bolos roxizo e vertical que domina a parte esquerda, sen esquecer o magnífico teito da Maque. Percorrer estes muros roxizos por calquera das vías que o cruzan é toda unha experiencia, para min talvez as vías máis auténticas deste mallo sexan as tres que dominan a parte esquerda (Make, Macondo e Terrazas herbosas). Mais en xeral trátase dunha escalada normalmente cómoda, con vías de grao medio e dunha lonxitude adecuada para ir tranquilos... o conxunto perfecto para gozar sen coñecemento do pracer da escalada!
A vía é boa, e o seu nome dinos rapidamente de que vai: Más de lo mismo. Acertada sentenza se entendemos iso de que o conceto é o conceto, e eu non obxecto nada ao respectivo porque non son liberal, e non son tampouco deses que andan por aí dicindo que más de lo mismo é más de lo mismo, aínda que o pense... diría Manquiña nun relato pormenoriado que definise a rota, talvez fose tamén un relato en diferido! Realmente a dificultade concéntrase en catro panzas dos catro primeiros longos, a bloque todas excepto a primeira que é máis humana, esta panza talvez teña menos grao do que indica o bosquexo... o cal se pode ollar en senderolimite.
Martín na primeira panza, pode que sexa 6b+ de cacho.

A segunda panza xa é outro conto, 6c+ a bloque, hai que ir atento para sacala a vista!

Martin superando outra no L3, tamén 6c bloqueiro!

O meu compi comezando o L4, cada vez menos pero cando nos xuntamos gozamos disto da escalada! Para min este longo ten a panza máis aleatoria e pode que difícil, outro 6c a bloque!
Nos longos superiores aínda hai que escalar un pouco, 6a. En xeral unha boa vía!

Ningún comentario:

Publicar un comentario