luns, 14 de novembro de 2016

Ports de Beseit. Mola dels Biernets (O): Furia Obrera

Con terra nos ollos, lianas nas mans e aventura no corazón. Acho que é a mellor descrición desta, para min, primeira vía de escalada neste bonito canto do mundo, entre Tarragona e Teruel, onde unha pequeña serra de aspecto salvaxe agacha un bo numero de paredes e vías que ben merecen outra visita, as Moles del Don, Roques del Benet, els Estrets e non moi lonxe Masmut… entre outras delicias de calidade variable e rotas para degustar. Desta Chavi levoume ao lado escuro, e descubriume un novo lugar, unha nova aventura e o sentimento de quedar "satisfeito" un tempo, esa necesidade de alonxarte uns días do territorio pezoñento para gozar dos muros brillantes das chapas ao sol, onde os movementos van suxeitos á medida, ritmo e cadencia do verso, fuxir un tempo do “poema” en verso libre para, cando a inspiración chegue, manter a pureza da prosa poética, he he.

Furia Obrera é unha rota de coleccionista… mais cun nome que lle senta bastante ben! A vía ten o selo dos aperturistas, incansables procuradores de experiencias que deixaron auténticas para os que as queiramos revivir, hai que felicitarlos porque lle botaban fociños, por non dicir outra cousa, e porque levaban a escalada limpa nas veas e a mínima expresión do material na mente. Non serve para recomendar aos amigos máis é desas nas que te curtes: conglomerado mediocre a tramos, con suciedade e zonas de selva para facer o tarzán, aderezado por placas de non caerte onde hai que lle botar carácter e, ás veces, currarte moito algún seguro decente… todo un luxazo, he he!!! O inicio do L5 salvámolo en A1, cravando na parte baixa dunha entostiña rota e con saida en libre, para evitar o 6b expo que, aínda que parecía humano, tiña moi mala pinta. Sobre o grao comentar que os IVº non son de transición, hai que escalalos e, ás veces, pensar abondo para poder pasar. O descenso en tres rápeles por Denominació d´origen, sendo o primeiro rápel dúas chapas no chan, unha cun cordino e outra cun maión fino, os demais teñen argolas. Ao final da entrada déixovos un bosquexo que pode servir para repetila. Boísima piada de Chavi en caracolesmajaras
Chavi no L1, navegando por placas que xa che contan de que vai o tema, V+
Comezando o L2, tramo común con Denominació d´origen, Vº
A "placa llimó", moi característica e curiosa. Fácil mais non caias, Vº
Comezando o L3, V+ expo, delicado e sen posibilidade de caer! O meu compi un fenómeno!
A pelo ata que comezas o artifo, que tampouco é fácil. Este L3 é o máis laborioso, A2/6a, para saír desta primeira zona de artifo Chavi inventou o pitón-estaca, é dicir, o pitón cravado na terra coma unha estaca! eu tampouco vin outro xeito!

Ao L4 véselle clase, V+, cando ia comezalo miro para enriba e digolle a Chavi: "onde me metes, aquí o máis sensato sería baixarse!!" he he.
Comezando o L5, A1/6a, aínda que ao 6a non lle vin nin cor... ese cravo con estribo é o que nos permitiu fuxir da variante do 6b expo. Aqui marcando paquete co RGRIP de Nacho no pantalón, he he. Esta reunión cómpre reforzala, hai un buril, dúas pontes de rocha mediocres a enfiar, e algún friend dos de "vaia vostede saber"!
Chavi ao seu, lazando "tomillos"... para escachar a rir cando ves o "carvallo"! Comezando o último longo, só é IV+, pois hai que facelo e hai que pensar cómo, e non é tan fácil. Nesta época, e para estes dous titáns Vilchez/Ballart, os IVs tamén contaban!
Un pracer compañeiro!
O bosquexo penso que servirá sen problemas!

2 comentarios:

  1. Lo Port salvatge tira
    nos vemos un día por Horta, Arnes o Vallderoures !

    ResponderEliminar
  2. Para mi sería un lujo... ahora le estás sacando brillo a las tapias cercanas al Ebro, he he, un abrazo!

    ResponderEliminar