luns, 8 de agosto de 2016

Picu Urriellu (Oeste): El Cuélebre + Sagitario

Excelentes rutas que comezan por baixo dos Tiros e que viven nese universo de placa de gran calidade e, aínda que pareza palabrería doutras épocas, lémbrannos iso da arte da escalada de navegación sen GPS. Dúas vías onde gozar do Picu e da beleza da escalada de autoprotección, con algo de aventura e necesidade de ler a rocha, de dificuldade moderada mais onde cómpre escalar e construír a ascensión mediante a autoprotección e a procura do percorrido.
El Cuélebre é unha vía mágnífica con dúas partes ben difenciadas polos Tiros. A parte baixa obrigaranos a navegar por esa rocha perfecta de certa cor amarela e de tacto inmellorable, nos Tiros dous longos de transición, un deles moi roto, situarannos baixo un muro máis atlético e variado, onde escalaremos por diedros, bloques, fendas e muros alucinantes. En conxunto paréceme unha excelente vía, moi ben aberta e que, sen dúbida, debería ser outra das clásicas. Bo bosquexo de Korkuerika que se complementa perfectamente coas fotos e descrición de fernandozamora.
Da Sagitario que dicir... unha das vías de gran beleza do Picu, pena que remate nos Tiros. Moi ben aberta para gozar da navegación e con algo de "aire" de máis nalgún punto, principalmente no inicio da vía. O friend do tres é optativo mais no L5 hai unha zona algo expo onde entra nun buraco, un pouco forzado mais é o único amaño! De novo bosquexo de Korkuerica, aínda que coido que talvez sexa máis cómodo non unir L4 e L5, complementado perfectamente coa foto e descrición de fernandozamora. Reportaxe fotográfica completa!!

L1 de El Cuélebre, V+, nós ímonos á esquerda deixando de frente as chapas de Quinto Imperio.

L2 con saida en trave ata unha ponte de rocha realmente minimalista, 6a+.

Richar no L3, outra xoia deste muro, 6a+.

O L4, seguimos co GPS aceso e o barco en rota, V+.

Outra vista dese L4.

O L5 e L6 enlázanse perfectamente ata os Tiros, V+. Na R6 o que parecía unha Azulenta alpina andivo saltado arredor meu na procura dalgúns insectos ricos en proteina! Unha compaña do máis gratificante e que se mantivo mentres Richar subía os dous longos.

O longo de transición de IIIº despois dos Tiros, bastante delicado polo roto!!

O seguinte longo, un diedro de IV+ que, estando algo roto, mellora substancialmente.

Richar chegando á nosa R9, este longo de 6a+ é brutal!!!
O noso L10, é o clave! unha uña e un estribo son fundamentais para saír da sección inicial, despois hai que aguantar ata a reu, longo de continuidade, cheo de pitóns máis onde hai que escalar! A1+/6c+, din que en libre 7b+?
Richar na parte final dese longo, aínda que a rocha ás veces é dubidosa o longo é magnífico!

Navegando placas ata ligar coa canle de saida da Leiva, a que seica é a máis adecuada! Vº.

No cumio con Richar, qrande compañeiro e que ben o pasamos!!!

Na veiga a néboa loitaba incansablemente por tomar o lugar que o sol lle tiña reservado!

Xogamos na Sagitario, o L1 é algo cabrón no inicio, ata que chegas a unha ponte de rocha! o final é moi bonito, 6a.

Comezando o L2, 6a, placa ata que pillas unha babaresa preciosa!

Richar navegando polas placas do L3, V+

Boa foto chegando á R3.

O L4 é outra xoia, 6a.

Richar nos fantásticos canalizos finais dese longo, talvez o mellor aberto da vía.

O L5 ten unha sección algo expo, V+, o friend do tres pode sernos útil neste longo.

Unha cordada ataca o inicio superior de artifo da Leiva

Richar chegando aos Tiros despois de enlazar o L6 e L7, 6a+.

Último rápel para o meu compi, facer as mochilas e para embaixo!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario