venres, 19 de agosto de 2016

Picu Urriellu (leste): El vuelo del dragón VS Cainejo

A beleza describe estas dúas excepcionais rotas da cara leste do Urriellu... caldos dos 80, probablemente do mellor desta cara, con atributos para exercer a navegación por placa de grande calidade e con pouco rozamento na corda, he he. Hai uns días Richar e un servidor fixemos El vuelo del dragón e gustounos moito; bastantes anos atrás, coido que sobre o 2002, escalei a Cainejo con Arturo e alucináramos coa elegancia da vía. Os bosquexos que vin de El Vuelo del dragón non lle facían xustiza, o mellor sen dubida en avigamo, mais outros mesmo confundían algunha sección meténdose directamente pola Cainejo. Certamente hai un par de zonas onde pasan moi preto mais tratándose de dúas xoias paga a pena díferencialas.
Nesta hipótese de confusión, na que nós tamén caímos no terceiro longo, funme fixando nos dous itinerarios e, xa na casa, revisei fotos vellas de cando fixéramos a Cainejo co obxectivo de confrontar as dúas vías, o resultado foi este bosquexo que espero sexa unha boa comparativa e sirva para  despexar dúbidas. As dúas liñas son boísimas... cando fixemos a Cainejo aínda habia que levar maza e pitonar 4 ou 5 veces no L6, agora iso non é necesario, persoalmente pareceume un rutón de gran beleza e ainda penso que é a mellor vía da cara leste; porén El vuelo del dragón tampouco lle queda moi atrás en carácter nin en beleza, e podemos rapelala ou continuar pola Nani ou pola propia Cainejo. As dúas deféndense soas e poden recomendarse aos amigos e amigas porque merecen moito a pena. O grao... digamos que fácil non está! Fotos...

En El vuelo... O zoom de Richar pilloume na última sección do L1, V+
O meu compi gozando destas placas perfectas chegando á R1.
Inicio do L2, Vº, navegación cómoda ata un nicho.
O mesmo longo desde enriba e cun modelo máis ghuapo! he he.
Nos inicios do L3, 6a+, neste punto uns metros á dereita están os spits da Cainejo, como non se ve outra cousa é fácil ir a buscalos, mais os da nosa vía son párabolts! Cómpre navegar un pouco máis de frente ata un pitón oculto, non o veremos ata que non estemos á súa altura nunha fenda horizontal. Despois xa veremos as chapas que nos levan ata a R3.
Richar chegando á fenda da laxe sobre a que se fai a R3.
O inicio do L4 é un muro fantástico, Vº, navegación vertical e con canto! Neste longo tamén nos podemos confundir, despois deste muro hai unha grande trave á esquerda ata un canalizo, se seguíramos de frente saíríamos polos spits da Cainejo.
As fendas son xoias da rocha que loitan contra o esquecemento producindo ao noso paso o "milagre das pedras florecidas". Lembrando o impresionante relato de García Márquez sobre os/as galegos/as e a descrición do Obradoiro, podedes velo en Viendo llover en Galicia: "la vegetación se abre paso por entre las grietas, en una lucha implacable por sobrevivir al olvido, y uno se encuentra a cada paso, como la cosa más natural del mundo, con el milagro de las piedras florecidas"
Richar saíndo dos últimos canalizos, con algo de carácter, e que se pillan despois dunha boa travesía á esquerda.
O bosquexo coas dúas vías, coido que nos arranxará dúbidas e servirá de guía.

6 comentarios: