sábado, 23 de xullo de 2016

Peña Rueba leste: Tierra de dragones

A cara leste de Peña Rueba aparenta unha verdadeira muralla vista desde os mallos ou desde a estrada após Murillo, porén cando te a achegas a cousa muda e no momento de colgarte da parede xa te das conta de que o bosquexo non minte, o lobo non leva pel de ovella senón que é unha ovella! Martin tiña o tempo algo xusto polo que fixemos un "Speedy Gonzales" e fomos sen presa mais levantando po ao noso paso!
A Tierra de dragones é unha vía pracer, sen máis pretensións que aproveitar ese aparentemente fantástico pano de rocha para facer unha vía deportiva superequipada, para o meu gusto de máis, da que gozar dun muro dividido en dúas partes por unha sección fácil duns 100 mts. Agradecer aos aperturistas o enorme traballo de limpeza e saneamento, principalmente na parte superior, e salientar que a mellor rocha e escalada está nos primerios longos. Sombra total a partir das 15h e normalmente con certa airexa, mais da camiñada ao sol vai ser difícil escapar se non tedes un todo-terreo. Bo bosquexo en sueño vertical.

O primeiro longo, un dos mellores!

Coido que é o L2, neste pano do inicio está a mellor rocha.

Martín chegando á R3

Na zona de transición, son dúas tiradas longas de II-III.

Comezamos a parte superior, a rocha muda e está máis rota.

Martin superando o longo máis difícil da vía, un 6b que a nós pareceunos 6a+?

Saindo cara as ramplas superiores da parede!

O meu compi chegando ao cumio co Gallego detrás!

Como sempre un pracer compartir estes momentos con amigos como Martin. Noraboa titán, xa está aqui Vega para traernos máis ledicia neste percurso do camiño!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario