luns, 28 de decembro de 2015

Pared de Aragón. Pilastra: Femme fatale + Pilastra dels voltors

Se as vías da Pilastra tivesen o dobre de lonxitude teriamos peregrinación desde todos os cantos da peninsula para escalalas e, como diría calqueira sabio de bar... tamén virían "de parte do estranxeiro", non sei de ningunha que teña desperdicio. Un lugar paradisíaco que, ultimamente, e non me canso de dicilo, vén sendo atacado polas ordas urbanitas cada fin de semana, é aló onde esparexemos aos catro ventos a nosa sabiduría sonora, educamos aos seres da beira do Noguera e amansamos as feras salvaxes para que profesen unha ética máis civilizada; o outro día un voitre puxóseme ao carón e fitou para min, logo dixo algo e pouco despois falaba coma un loro, dicía: "carrefour, carrefour" eu abraiado... aquel animal falábame en francés mais con acento español, agora para a fauna parece ser un valor saber idiomas, logo terán que pagar o IVE polas presas que maten e, se non emigran, poranlle drones por se fan un exceso de velocidade en voo rasante. Todo vantaxes!
A Femme fatale é outra marabilla desta parede, placas perfectas para escalar con temple e cos seguros precisos para gozar, algunhas fendas preciosas e ámbiente vertical son os ingredientes desta preciosa via da Pilastra. Os muros de buracos van inchándote aos poucos principalmente se non vas fino de pés, nestas vías uns gatos adecuados sumán pracer e dan moita seguridade, algunha fenda bonita da paso a un muro algo roto mais con bos cantos que hai que buscar, o último longo polo "diedro guarro" que estamos moi maiores para as placas expo. Levade algúns cordinos para repoñer!
Sobre a Pilastra del voltors teño unha opinión confusa, é unha boa vía, talvez adecuada como introdución ás vías desta parede, porén non é a máis bonita. A ruta camiña por algunha placa preciosa e ten algúns diedros de conto de fadas (brutal o do L7 -só por este diedro xa merece a pena-) mais tamén ten algún longo ben mediocre na parte intermedia; en conxunto vale a pena pero non é das máis bonitas da Pilastra.
Estupendos bosquexos e info das vias da Pilastra en ganxets.
Martin no L1, 6c, talvez o máis "cachondo"!
Comezando o L2, 6b, outro longo ben bonito de placa de fantasía
Martin arrinca no comezo do L3 co Noguera e a Paret de Catalunya vixiantes, 6b
Bonita foto do meu compi no inicio dese L3, Martin ia flipando coa ruta!!

No marabilloso L4, 7a+/b, vaise escalando ata a chegada á reu que se pon salvaxe!
Martin apretando nesa placa fendida!
Panorámica de Martin na R4 e doutra cordada no pasumalo de entrada á reu dos Cuarentones! A fenda que hai por riba de Martin é boísima!
O meu compi saíndo do muro de rocha dubidosa, 7a+.
Un pracer camarada!
Xogamos na Pilastra dels voltors, Julián chegando á R2, 6a.

Despois dunha placa fina de 6c, na que se me foi un pé, vén este diedro de 6a+ precioso. É o cuarto longo.

Boa foto de Julián chegando á R5 co Noguera é a Paret de Catalunya detras

Na parte superior, despois dun diedro desplomado con canto brutal, V+/6a. Cun longo máis bastante roto chegas ao cúmio, atención a este último longo fácil pero descomposto.


8 comentarios:

  1. Que buen dia, menudo otoño hemos tenido!!.
    Por cierto ya he recuperado tu cuerda.
    Disfruta en Patagonia fierucoo!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gracias bicho, aunque ese día hacia un aire helado que cortaba! un placer compartir esas maravillas contigo, he he , la cuerda ya la recuperaré y tendremos que hacer alguna escapada esta primavera, un abrazo!

      Eliminar
  2. No estaba cerrada esta zona porque había anidado un quebranta huesos?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ostias Lorenzo... ni idea!! y había varias cordadas esos días?????

      Eliminar
  3. Hola buenos dias!
    Estava buscando algo de info sobre femme fatale, y de sorpresa me encuentro con esta piada.
    Soy el que estava allí metido en el largo eterno y magnifico de los Cuarentones!
    Guapa la foto panoràmica!
    Que tal femme fatale? Los largos son tan hinumanos como el largo clave de los cuarentones? Como me decias por donde tenia que ir, supongo que la habrás echo tambien...

    Saludos!

    Pol

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hola Pol, he he que coincidencia! ese largo de los Cuarentones se parece algo a los agujeros de la Femme, son vías del palo pero tb con diferencias pero pienso que obligan igual o incluso es algo menos obligada la Femme pq el largo de salida de los Cuarentones es algo expo y la femme está, en general mejor protegida, pienso??? pero son del palo y bonitas las dos, un saludo!

      Eliminar
  4. dos buenas vias en el mejor paño de monrebei...y los piolets los sacaremos ?

    ResponderEliminar
  5. Pa darle al piolo hay qeu viajar Edu, ha ha, yo que tu los vendería antes de que el mercado se sature y no los quieran ni regalaos, ha ha, un saludo titán!

    ResponderEliminar