martes, 15 de decembro de 2015

A Peneda: Treboada


Outra volta por este lugar marabilloso do norte de Portugal, terra de socalcos e de penedos, arraianos de nós e nós deles, esa raia da bretema e a Santa Compaña, onde Ulises fixo un alto na súa viaxe para loitar contra as bestas que inzaban o territorio de xigantescos ovos prehistóricos, os mesmos que fican hoxe por todo o Geres petrificados, espallados pola súa orografía. Un contorno irmán, terra de lobos e lobas, de traballo rexo e vidas senlleiras, matriarcado por dereito da terra e enchupadas nela, onde o negro é preto e os arcos de vella incandescentes cando sae o astro, terra de cantos e de sereas... de amor ao que dela sae e no que na terra entra. A Serra da Peneda é Geres, é arrecendo a granito, paraíso do bloqueiro sen explotar, e é Meadinha, o lugar onde Yosemite empequeneceu e emigrou desde a soño americano para ficar aí, sempre, custodiando o mosteiro da Nossa Senhora da Peneda, vixiando o culto e a natureza humana que aló se congrega. A Meadinha é o demiurgo que constrúe o val, proxectándose e retorcendo as súas placas e fendas máis aló do posible para goce dos que saben aprecialas.
Tiña un sábado ceibo para trepar e tiña que ser granito, Budiño era a miña opción máis Richar, Mundi e Carducho ían para a Peneda, eran máis kms mais era outro verdadeiro pracer. Se che gusta escalar granito, tirando a zona centro, este é o lugar máis flipante da península, visita moi recomendable cando non chova e a calor nos permita trepar. Como eles ían á Treboada e eu non a fixera pois perfecto, trátase dunha boa vía que comeza pola S e libérase dela por unhas placas e fendas de antoloxía, coas chapas xustas para pasar nas placas e as fendas de meter a canón, todos os longos teñen proveito porén o último longo difícil pode escaquearse por un escape á esquerda, a que parece ser a saída orixinal da apertura en 1983 (unha gran ascensión), e pode definirse como moi curioso (para os mortais é obrigado levar un friend do 4 e un pedal neste longo). O bosquexo en meadinha.com, estes topos son un gran traballo e a mellor referencia máis, os mindundis, soemos dubidar algo dos graos e do material flotante recomendado, he he, a Peneda ten carácter ata nos boquexos!! Reportaxe fotográfíca completa...

Un pequeno bosquexo para aclarar conceptos!!

Carducho no precioso L1, común coa S, V+.

Desde a R1 da Treboada... Carducho plaqueando fino para facerse coa fenda, 6b.

Boa foto de Mundi asegurándo a Carducho desde a R1 da S, nós fomos montala na R1 da Treboada
Os nosos compis por riba, Carducho tardaba en facer a travesía... logo me enteraría de que estaba enchoupada, sempre gozando!! A visión da Roi desde esta reu común é silvática!

Richar chega ata a fenda dese L2, 6b.

Bonita estampa do meu compi apretando

Preciosa travesía do L3, 6b, pena que estivese tan enchoupada porque ías coas máns empapadas e pisando graniños mollados...

Boa foto que me fai Richar na saida do teitiño común coa S. Fixemos esta R3 da S para avitar o rozamento, era difícil xestionalo coa trave completamente mollada, alén de que iamos con corda simple!
Richar saíndo do teitiño... camiño da R3 da S

Continuamos a nosa vía por este diedro fendido precioso, 6a+.
Richar no mesmo diedro, alucinante visión!

O último longo ben curioso, 6c+/A1, Richar encarando a placa final a uns metros do cumio da Peneda.
Os catro xinetes ao completo, grandes compañeiros... máis un can que fai amigos pola praza!



2 comentarios:

  1. Moi boa trepada e moi boa literatura. Penso que estou lendo uns poemas inéditos de Rosalia, nesta mítica Peneda. Apertas.

    TEXO

    ResponderEliminar