domingo, 6 de decembro de 2015

Nova via en Peña Rueba: Macondo



Equipamos esta vía antes das calores horribilis deste verán abrasador, outras obrigas, e algo de nugalla, fixeron que non nos coincidise irlle dar uns pegues e saneala un pouco ata o outono, mais aquí está preparada para que lle vaiades dar unhas apretadas, espero que vos goste e que a gocedes. A vía é moi interesante porque ten de todo, comeza por un diedro precioso, cruza o teito polo débil pero pedaleando, ten panzas apretonas e muros de continuidade alucinantes; a rocha é bastante boa en xeral, con algunhas seccións mediocres, mais iso é o costume da rocha do lugar mentres non pasen cordadas abondo para que se vaia saneando.

No canto esquerdo do Mallo la Calva, o pano de rocha entre a Make e a Terrazas herbosas é o noso obxectivo, para meternos na vía faremos uso do diedro de Pantano No (I. Cinto) e do teito de Vacio existencial (Ch. Agustín e M. Carasol), dúas boas vías de corte deportivo que agora teñen unha maior relación. O grao que nós vimos é 7a/Ae, con algunhas panzas en A0 que se poderían liberar mais estando realmente fortes e motivados, grao ogrigado arredor do 6b; para repetila cómpre levar 16 cintas (algunha longa pode vir ben) e estribos (dous mellor ca un). O descenso pola vía só con dobre corda, cunha corda de 70m o descenso máis próximo é o de Aliana, e a opción máis segura pola ferrata. Queremos agradecerlle a Manolo e David que viñeran probar a vía e testar algúns cantos, a seguir fago unha descrición por longos para que teñades info fresca de cada un:

L1.- 6b/A0, preciosa escalada en diedro pola vía Pantano No, a nosa reunión está como 5m por riba na comodidade dunha repisa, onde remata o diedro. A sección de A0 –previa á R1- foi liberada atacando primeiro pola dereita da reunión de Pantano No e logo volvendo ao diedro, sae unha sección a bloque como de 7a para quen queira probala. Rocha moi boa
L2.- Ae/6b, saimos en libre cara a esquerda e enlazamos co teito de Vacio existencial que pasaremos pedaleando (en libre din que 8a) , ao saír do teito deixamos á dereita a reunión desta vía e continuamos por uns metros de 6b ata a nosa R2 supercómoda. Rocha mediocre ao saír do teito
L3.- 6c/A0, bonito longo que comeza en diagonal esquerda e supera unha panza en A0, continúa por unha escalada bonita e xenerosa en cantos ata outra panza-diedro que se supera pola esquerda. Rocha boa en conxunto.
L4.- 6b+/A0, volvemos saír en diagonal esquerda superando varias panzas que se negocian ben, aínda que aparentan máis carácter, afrontamos logo un muro bastante vertical, con rocha dubidosa, que nos leva á panza final que superamos, inicialmente, en A0. Rocha mediocre en conxunto.
L5.- 7a, excepcional muro de continuidade con boa rocha en xeral. Longo precioso.
L6.- 6b, superamos a panza que temos sobre nós (paso a bloque de 6b) e, por riba, enlazamos coas chapas de saída da Terrazas herbosas (IV). Rocha boa.

Rápel bestial na procura da ruta adecuada!

No precioso L1, 6b/A0, practicamente común con Pantano No.

David saíndo do teito no L2, Ae/6b

O L4, talvez o de rocha máis dubidosa, cunha panza antes da reu que se podería liberar máis sae dura, 6b+/A0

O L5 é a xoia da coroa! muro de rocha bastante boa e cos cantos precisos para pasar sen saír un grao excesivo, 7a.

Outra toma deste excepcional longo!

Toño no cumio do Mallo la Calva, preparándonos para outro día de curro!!!

O bosquexo... esperamos que vos guste!!

3 comentarios:

  1. Enhorabuena Xose!! Abra que ir a repetirla ahora que apetece sol!!!!

    ResponderEliminar
  2. Habra que catarla un dia de estos...norabuena

    ResponderEliminar
  3. Venga... darle estopa que alguien tiene que "colorear" los cantos buenos, he he... Gracias titanes!!!

    ResponderEliminar