luns, 9 de novembro de 2015

Cienfuéns: No somos nada

Unha canción de La Polla Records lémbranos o pouco que somos en referencia ao que nos rodea, No somos nada, a nosa capacidade de influencia é notable porén algunhas forzas que moven o mundo nin perciben a nosa existencia; agora ninguén se consideira obreiro, a guerra civil parece historia antiga e o "crecemento sostido" é a verba coa que nos deixamos converter en resistentes pasivos, humanos en estado latente... nestes tempos dentro da nosa casa somos os forasteiros, os advenedizos. Quen vive en contacto coa natureza sabe que efectivamente "non somos nada", porén tamén sabe que podemos destrozala cos nosos actos mais, ainda que a realidade sexa cruel, cada vez que nos empolincamos sobre a parede de Cienfuéns significamos a súa beleza e descubrimos que non hai parede pequena, os pequenos somos nós! máis... Cienfuéns aínda resiste activamente.
Manu e Richar andaban por Riglos e eu quedara con Martin para ir a Cienfuéns, finalmente aló fomos os catro, unha xornada fantástica que compartida sabe moito mellor. Era a súa primeira vía no lugar así que lles recomendamos a Directa Osborne para que foran tomando contacto, nós fomos pola No somos nada, unha das vías clásicas pero realmente boa boa e que, sen ser moi obrigada, faranos pensar, traballar coa autoprotección e, as veces, escalar con certo temperamento. O conxunto é un cóctel cun toque doce e unha pisca de sal, que gozaremos movéndonos sobre unha rocha boa en conxunto, e cos seguros adecuados para pasar con certa comodidade. O longo clave é o primeiro, sae en libre mais é duro, salientar o L3 porque é precioso (aínda que o L4 tamén é moi bonito). Hai que agradecer a A. Salvadó que repuxera os pitóns do L1 (actualmente non fai falla maza) e o estupendo bosquexo que podemos ver en lanochedelloro
No primeiro longo, esta sección de inicio é dura, 6c+/7a? (6b/A0)
Martín mudando de fenda na parte superior dese L1
O meu compi comezando o L2, 6a.
Aínda que non pareza na foto o L3 é excepcional, 6c.
O último tampouco ten desperdicio, diedros e placas ben bonitos, 6b.
Os catro despois da batalla, grandes! A cheminea do refu ulía a leña que daba magoa irse!

2 comentarios:

  1. Q buen lugar y q buena compañia...q mas se puede pedir!!
    Bueno si...Q este bonito paraje continue como esta y podamos disfrutarlo durante mucho tiempo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pequeñin!!!! que grande eres! nos vemos en unos días titán!

      Eliminar