domingo, 11 de outubro de 2015

Peña Rueba: Opiniones encontradas + El tiempo que nos queda

Outras dúas vias no Mallo La Calva, unha ao carón da outra e, porén, dúas experiencias diferentes que serven para seguirmos gozando desta bonita parede. Un día fun con Pedro e outro con Martín, os dous me transmiten tranquilidade e seguridade, colegas cos que se pode abranguer calquera empresa con sintonía e equilibrio, mellor compaña imposible!
 A Opiniones encontradas é unha vía bastante recente, talvez sen repeticións, aberta desde abaixo en bo estilo e onde hai que escalar entre chapas, con algunhas panzas difíciles de ver a vista e algún muro moi difícil ao que nós non lle vimos moita cor; tamén hai que dicir que cómpre que se limpe un pouco co paso das cordadas porque, nalgunhas zonas, a rocha e dubidosa e, noutras, unha cepillada sería caralluda! O grao pareceunos bastante duro, a refencia que se indica nalgúns longos (6c/7a) achamos que debería tirar para o lado malo claramente. En fin... co tempo irase fixando! O bosquexo no blog do Pirata.
El tiempo que nos queda é algo diferente, tamén é unha via ben equipada máis onde a rocha está máis saneada e limpa polo paso da xente, iso fai a escalada máis cómoda e, alén de que tamén hai que pórse as pilas nalgunha zona, poderemos gozar dunha escalada máis pracer. Nalgún topo o muro final do L3 vén de 6c mais non contedes con ese grao, os demais longos saen ben en libre. O bosquexo en lanochedelloro.
Para o rapelar cunha corda de 70 mts penso que a mellor opción é por Aliana, de feito desde a última reu de El tiempo que nos queda podemos rapelar ata a penúltima de Aliana, sempre gozando!

Pedro desfai o L1 de Opiniones encontradas, 6c/7a, os inicios talvez son a peor rocha máis compre non se confiar tampouco no resto!
No segundo longo, 6b+, con algunha panza ben cabrona!
De novo o meu compi, agora chegando á R3, 6c/7a.
Boa foto que me fai Pedro antes de me empolincar por ese muro, 6c/7a, para min moi difícil e, se alguén se anima, ao que lle viría ben un cepillado, he he!
Agora xogamos en El tiempo que nos queda. Martín no L1, nesta panza había unha apretadiña, 6b+.
Agora no L2, bonito e con algún paso algo obrigado, 6c.
O muro final do L3 pareceume moi duro, pódese aceirar perfectamente, 6b/A0
O meu compi comezando o último longo, 6a, arrincar costaba!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario