venres, 18 de setembro de 2015

Vignemale: Espolón Norte

Unha Bellefón sen dúbida imprescindible. Empresa alucinante para os anos sesenta e durante bastante tempo considerada como unha das grandes ascensións dos Pireneos, aínda hoxe mantén certo compromiso! Como este verán en Alpes as concidións foron un fracaso había que buscar outras aventuras, a norte do Vignemale non lle ten nada que envexar a moitas ascensións alpinas, de feito, probablemente sexa a parede coas condicións máis alpinas de todo o Pireneo; comenteillo a Toño que se acendeu de golpe e díxollo a Pedro que se apuntou ao instante... eramos tres cabaleiros na procura dunha montura salvaxe e á espera dunha xanela de tempo entre treboadas, cando o clima mellorou tamén nos enteiramos de que no refu coincidiríamos con Lorenzo, Chavi e Javi que ian facer a Norte do Pitón Carré, mellor imposible... perfectamente acompañados e caracoleando polas paredes norte destes colosos pirenaicos!!
O Espolón Norte do Vignemale é outra das que se pode considerar longa, dura e en libre. Estamos nunha parede norte polo que a rocha non é boa, tampouco ten demasiada continuidade (ata que non chegas ao espolón final que mantén a tensión nos últimos sete longos), hai algunha parte mollada e mesmo algún derrubamento recente.... porén a vía é realmente excelente polas súas características alpinas, o ambientazo e o sabor a aventura, alén de por ser unha das míticas, cun grao que obriga nalgún 6a/6a+ con exposición e condicionado a moverte rápido en terreo fácil. Nós comezamos en zapatillas e libramos perfectamente o glaciar pola dereita, a proximación foi rápida e puxémonos na R2 en pouco máis dunha hora, a vía levounos preto de 9:30h. e o decenso coido que 2:30h., aínda que nos perdemos un pouco. O bosquexo perfecto é obra de Albert Salvadó e atópase en caranorte, talvez indicar, por aportar algo, que na zona intermedía fácil, que ensamblamos, penso que hai máis metros dos que marca o topo. Como recomendación persoal acho que non sobran un par de universales na mochila, principalmente para o L7 (o do derrubamento). O descenso pola arista de Gaube non é un destrepe tan fácil, nós baixamos cara ao lado contrario (S-SO) uns 50-80 metros na procura dunha canle ben marcada que ten dous rápeles de pitóns que te levan ata o pé do muro terminal, logo contornamos cara a dereita para chegar á arista -na súa parte baixa- e cómpre subirse a ela para continuala pola mesma cima (non seguir a media altura pola esquerda da arista porque perdes a perspectiva do collado de Oulettes e vaste cara o val de Ara -foi o que nos pasou a nós-), indo polo fío da arista veredes claramente o collado de Oulettes ao que se descende fácilmente, desde o collado báixase comodamente ata atopar o camiño evidente do collado de Mulets e rapidamente chegar ao refuxio. Fotos...

Aproximación pola dereita do glaciar cómoda, sen crampóns nin piolets!
Penso que é o L4, V, nesta zona iamos incendiados... aínda non sabíamos o tempo que nos podía levar a vía!
Pedro gozando duns raíños de sol no L6, V+, longo previo ao do derrubamento.
Despois do ensamble da zona intermedia volvimos facer reunións na gran torre que se rodea pola esquerda (por riba da "cheminea dos austriacos"), coido que este é o L10, IV+.
Desde o cumio da torre, R12, tiñamos unha visión privilexiada dos nosos compis caracoles na norte do Pitón Carré
Toño quitanos a corda e ataca esa bonita placa de 6a, a partires de aquí comeza o mellor da vía! Desde este punto podíamos ir máis relaxados porque iamos moi ben de tempo.
O L14 é unha placa excelente, 6a+.
Nas reunións, ás veces, ía un aire fresco que cortaba... Pedro debía estar moi frío para chiscarme o ollo tan descaradamente, he he!
Pedro en acción neste diedro do L15.  Probablemente, xunto co seguinte, sexa o mellor longo de toda a vía, 6b.
Boa foto que me fai Pedro saíndo do diedro, cuns 700 mts de patio da norte por embaixo. Vese perfectamente o corredor de Gaube limpo de neve, vaia currazo dos nosos compañeiros caracoles para chegar ao comezo da súa vía no Pitón Carré!
De novo Chavi, Lorenzo e Javi... agora facendo a travesia na norte do Pitón Carré. Nós estabamos rematando a nosa vía mais a eles aínda lles quedaba!
Toño ataca o desplome de 6c, pareceume moi a bloque, para nós A0!! Porén hai que rematar o longo porque por riba do desplome hai unha placa fina de 6b, moi bonita mais que che pon as pilas.
Este é o L17, aquí equivocámonos e fómonos por un diedriño no que se ve un pitón desde a reunión (onde está Toño na foto), malo malo... porque ten unha saída moi fea e moi expo, aquí o noso compi botoulle un par! A ruta vai a esquerda ata uns bloques soltos, segundo sinala o bosquexo, para pillar un diedro neto e moito máis marcado que remata nun teito triangular moi evidente, a este paso tamén se lle vía unha saida en placa algo expo!
Os tres contentos no cumio, non era para menos porque chegabamos á cea do refuxio, he he!
Preciosa panorámica do contorno francés antes do descenso!
Grande foto á mañá seguinte: Lorenzo, Pedro, Toño, un servidor, Chavi e Javi, antes de comezar o descenso a Pont d´Espagne. Enorme a compañia e enorme a sabiduría que se adquire con estes xigantes da montaña!

8 comentarios:

  1. En la foto… lo de poner a Toño en lo más alto y a Chavi debajo de la piedra fue casualidad? Jajajaja. Que grandes!! Enhorabuena por esas actividades…!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Casualidades funcionales Óscar... si no "descendemos" al Chavi nos eclipsa a todos, ha ha, muy grandes! Un saludo!

      Eliminar
  2. Bonita foto de fin fiesta

    En buena compañia el éxito está asegurado

    Chavi

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Esa foto me mola mucho, se nos ve contentos! un verdadero placer!

      Eliminar
  3. esas caras de felicidad lo dicen todo.
    El Vignemale nunca deja indiferente!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que razón tienes Albert!! la foto mola!

      Eliminar