sábado, 4 de xullo de 2015

Midi d´Ossau: Mailly

Subir ao Midi sempre é un pracer, e se o fas en harmonía cun colega pode ser un gozar da poesía da natureza sen medida, he he, talvez este sexa o caso desta actividade con Pablo, sen apretadas temporais nin conceptuais, fluíndo na máis absoluta tranquilidade. Aínda que a idea era facer a Flip Matinal mudamos a pé de vía pola Mailly por varias razóns, o neveiro de entrada da primeira era algo coñazo, a vía é algo máis lenta e perdedora e eu tiña que chegar a currar á noite, alén de que, como sinalaba anteriormente, os dous chegamos á base con ritmo de gozar e as apretadas e busquedas polo "territorio caos" do Midi tirábannos da nosa zona de confort, tiñamos un bosquexo sobre foto da Mailly así que esa foi a nosa opción.
A ruta é curta pero bonita, probablemente do máis amable que hai no Midi e ideal para iniciarte no granito da muralla de Pombie, alén de necesaria para descubrir eses pasos morfos e eses diedros e fendas bestiais que identifican as escaladas neste curruncho único do mundo, onde o de menos é se vas escalar, correr, camiñar ou blocar... o que importa é a poesía que te leva por ese pedazo de natureza e con quen a compartes. Podedes ver mais fotos no Blog de Pablo, alén de máis info e un bo bosquexo da vía.

Pablo comezando a vía, IV+
O L2 pode facerse pola dereita ou pola esquerda, nós vímolo pola dta!! IV+

O noso L3 creo que foi o mellor, un paso complexo de ver a colocación de 6a (ou máis) e un diedro cunha fenda continua de man estreita de Vº que era para derretirse

Ese diedro de empotrar do L3 é fantástico

Pablo continúa no L4 por outro diedro que tamén era boísimo, Vº

Pablo gozando do último longo, Vº, co refu de Pombie detrás e chegando á via das Virettes que cun par de rápeles e algo de destrepe nos levaría ata a pedregueira de baixada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario