domingo, 14 de xuño de 2015

Collegats: Fassman Dihedral + León

Seguimos en Collegats... gozando de ceas pola Pobla, conversas con amigos, paixases e lugares de fantasía, de noites na Fonte da Figuereta e de recunchos especiais como as formacións xeolóxicas da Argentería, onde parece que se inspirou Gaudí para deseñar a fachada do Naixement da Sagrada Familia, e lembra realmente calquera das formas morfas que Gaudí foi deixando en todas as súas creacións. Esta vez debemos cruzar o río pola tirolina para acceder a preciosa Roca del Diable, todo un esforzo cruzar ese cable... longo, duro e psicolóxico, he he, é o comezo da aventura que te mete nunha parede que, sendo modesta en altura, non deixa de saber a tapión de verdade.
A Fassman Dihedral pareceume unha vía ben boa, con sabor pleno a ruta da factoría Ballart, e moi ben aberta para que teñas que escalar navegando entre placas magníficas, currarte a protección nalgunhas zonas e saber negociar co material os tempos de colgarse e tirarlle todo o partido... porque pasar en libre si que me pareceu misión imposible. A idea era rematar o día con outra vía na Roca del Diable pero o sol pegaba duramente e Toño é o seu inimigo número un, finalmente cruzamos novamente polo cable e fomos á sombra do conglomerado da Agulla del Gos facer a León, unha vía interesante para completar un día fantástico. O bosquexo da Fassman, coido que o orixinal, podedes velo no blog do Luichy, da León só coñezo o bosquexo da guía de Collegats (2010) de Marc Ollé, Mariona Orfila e Armand Ballart. Unhas fotos...

Estupendas vistas no contorno do Noguera Pallaresa
A primeira aventura é cruzar o río, hai que lle por vontade e algo de biceps!!
Toño no segundo longo, para min unha gozada da escalada de navegación e "ir facendo que vai saindo", 6a, grao Ballart!
Toño de novo, comezando o L3 que é a cachonda da verbena nesta vía, 6b/A2
Nese diedro desplomado hai que currarse a película para chegar a un spit que hai debaixo do teito, aló está o A2!
O meu compi saíndo do teito nese mesmo L3, hai que currarse tamén a saída!
O último longo tamén desploma pero é algo máis amable, 6b/A2, aínda que tamén hai que botarlle algo de morro!!

Comezando León, na Agulla de Gos, a isto danlle 7b pero non lle vin ni o pelo... A0 mantenido e... aínda así ponche as pilas!! As fotos do meu compi teñen un toque artístico! he he.
Toño no L2, 6a
Aí o tedes! á sombra e na reu do futuro... só lle falta a barra do bar para quedarse a durmir!! he he.
Por riba a vía canalizase e chemineizase, mais faise bastante bonita porque a rocha é excelente, aquí no L3 que creo era de Vº!
Fantástica a Roca del Diable, unha parede á que hai que voltar!

2 comentarios:

  1. guapo sitio y guapas vias...los escaladores feos feos jajajaja

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Eso ya no tiene remedio! Y vamos a peor! Pero si hay q hecharse unos bailes somos unos artistas, ha ha!!

      Eliminar