venres, 5 de xuño de 2015

Collegats: Casablanca


A miña primeira vez en Collegats, e non será a última. Situado en plena comarca pallaresa e ao pé do pireneo, a unha carreiriña de La Pobla de Segur, onde poderemos comer e tomar unas birras alén de todos os demais servizos que precisemos. Trátase dun lugar espectacular, algo descolorido polo paso da estrada, con caliza dun lado e congromerado doutro, separados polo paso do Noguera Palleresa que aínda leva o trazo persoal do descenso dos "raiers" polo seu lombo e que, para determinadas paredes e vías, teremos que cruzar coa axuda duns cables e tirando de inxeño.
A Casablanca abrírona Remi e Luichy en 2011, era a miña primeira vez na Paret del Pessó, e non teño outras referencias, mais pareceume unha vía bastante boa; o conglomerado é fantástico, excepto nun par de longos rotiños, e o equipamento vai de bastante xusto nos longos fáciles a bastante xeneroso nos máis dificiles... talvez por iso a Toño non pareceu gustarlle o mesmo cá min, eu gocei dunha ruta divertida, rápida (levounos 4h) e cun grao amable... en conxunto coido que é recomendable. A baixada está perfectamente "ferrallada" con cadeas, e o bosquexo do Luichy está perfecto. Á tardiña quedamos con Remi na Pobla e aló andaban tamén Lorenzo e Chavi que viñan da Pitufos, un pracer compartir unhas birras con tanta experiencia e tantos metros de alpinismo. Unhas fotos...

Toño comezando a vía xusto á dereita da fenda da Tanger, V+, hai que buscar o primeiro bolt que está máis ou menos á altura do meu compi!
O L3 coa saída directa é bastante bo, pena da rocha ao final do pano que está algo rota, 6b+.
O L5 é un dos de peor rocha, foi o único que non encadeamos por un canto que rompeu, 7a, ao pasar a primeira sección a rocha vai mellorando e a escalada faise bonita
Este muro de 6c+ que te leva ao bosque foi o que me resultou mais difícil, a min a apretada do inicio pareceume mais cabrona que os 7as que o precedian, he he.
Toño no L9 que me pareceu do mellor, despois deste muro de cantos xenerosos hai que superar un bolo xigante dunha apretada gorileira, 7a.
No cumio, rapidamente a buscar as cadeas de descenso... sempre gozando!!

2 comentarios: