Un novo plano B que funciona. Tiñamos outras ideas mais ás veces o mundo vólvese contra ti e non che queda outra que adaptarte, porén as altenativas deben medirse segundo as posibilidades e a ambición abranguer o mesmo cá humildade... non sei se este foi o caso! he he. Equipada por Toño e Josema naqueles inicios dos noventa onde, a falta de whashap, dábaselle por abrir vías con personalidade e a escalada era un xogo onde a cabeza sempre formaba parte fundamental da aventura; Armand Ballart definia maxistralmente a escalada en Riglos naquel estupendo traballo publicado no
Game 21, como "escola con carácter".... algunhas veces o carácter prevalece, he he.
Repetir a vía cun dos aperturistas sempre é un luxo, alén de que tamén é unha fonte de información. Segundo subiamos Toño lembraba cando a endadeara con Nacho e íame dirixindo e contando os segredos da ruta, descansos, estratéxias... A vía é impresionante, persegue todo o impulso desplomado que sinala o mesmo fio, e para encadeala hai que estar forte e ter un melón ben curtido, coincide na parte central co Filo del Cuchillo (nesta parte van moi xuntas e comparten un longo e pico en común); o grao pareceume duro máis non son de fíar porque ía co escroto en modo apretao polos talegazos que vas salvando de chapa en chapa, he he. A rocha é moi boa ata a metade do L3, na parte superior aparece esa costra cutre típica coa que hai que navegar as veces; a beleza está no segundo longo, seguro que dos mellores de todo Riglos, o último pareceume delicado, talvez un pouco expo nalgún sitio puntual. Unhas fotos...
|
Toño atacando esa panza bruta do L1, este primero longo xa che vai dicindo por onde van os tiros, 6c |
|
Este L2 é bestial... longo, continuo e desplomado! 7b, parece que en troques de procurar o fío do coitelo buscas o sabre do samurai, he he... e vas bailando dun lado para o outro desa grande proa! |
|
A foto artística, ou o negativo, dese mesmo longo. |
|
O L3 dividimolo en dous porque equivoqueime e fixen unha reu do Filo del Cuchillo que están reequipando, Toño agradeceu que tirase eu despois de chegar á R2 con 50m desplomados nos antebrazos!! |
|
Vaia xoia de reunión esta do Filo del Cuchillo, todo un traballo de artesán! Convivindo co novo reequipamento que están facendo nesta vía e que xa chegou ás reunións... a verdade é que algún seguro nos longos servirá para poder escalala con algo de seguridade porque o estado é lamentable, son deses buriles cutres (parecen chinchetas) nos que como caias probablemente descosas todo como se fose manteiga! |
|
O meu anfitrión escalando a parte final do L3, co longo dividido en dous coido que ningunha parte sae de 7b.... |
|
Toño no último longo, con algunhas panzas delicadas! 6c | |
Ningún comentario:
Publicar un comentario