martes, 7 de xullo de 2015

Mallo Pisón: Boloterapia

A norte do Pisón xa vai tendo unhas cantas vías para escalar, unha das últimas é esta nova xoia equipada o ano pasado polo Edu e que vén a aproveitar ese pano de rocha que aínda bailaba só entre a Misión Cumplida e os rápeles da vertente norte. A entrada das dúas vías é común por un pano de rocha mediocre porén segundo ascendes vai mellorando por zonas ata atopar rocha moi boa, alén de que aínda hai treitos onde te podes ir cun bolo.
Boloterapia está perfectamente definida polo nome, boa vía para saciarte de bolos... riglera a máis non poder polo estilo de panzas que tes que superar e con pasos picantes algo a bloque, continua que te vai tirando power é perfectamente equipada con chapas entre as que hai que escalar, con algunha sorpresa humanizada por unha ponte de rocha salvadora e, nunha primeira impresión, cunha proposta de grao algo "apretao" (hai algún 6b+ que che pon ás de pito). O bosquexo perfecto en  edupicapiedres, e podedes ver máis fotos e info no Blog de Pablo.
 
No L1, 6a+, este pano de rocha mediocre é o peor da vía

Pablo rematando o L2, o máis duro porén non obrigado, 7a+

Chegando á R3, un 6c que te vai inchando.

Pablo atacando o L5, un 6b+, como o anterior, dos que hai que facer!

O meu compi no L6, 6c+, panza tras panza e consumíndonos...

Os aperturistas sempre na procura do terreo máis "amable", he he, este é o L7, 6c+.

Boa foto que me fai Pablo saíndo dese desplomaco do L7.

Pablo de novo, agora no L9 e último, 6b+, cun paso algo cabrón... mesmiño onde esta o meu compi.

Ningún comentario:

Publicar un comentario