venres, 2 de xaneiro de 2015

Peña Ubiña: Corredor de la aguja

Nos últimos anos tiven Ubiña algo esquecida. Esta xoia do alpinismo do noroeste é un referente para a escalada en corredores que non lle ten que envexar nada a outras montañas aparentemente maiores, no corazón de Babía hai unha terra erma na que se ergue esta perla de caliza, arada pola rocha e o xeo para conter liñas que percorrer cando as súas particulares condicións cho permiten. Para os galegos e galegas sempre foi a nosa pedra filosofal alpinística, un terreo onde curtirse e con rutas de carácter.
Richar e Chicho íanse achegar un par de días e, como andaba ben de churripuntos, apunteime con eles a pasar algo de friaxe neses días de nadal nos que nos achegamos aos 10 graos negativos. Repetir con eles o Corredor da Agulla foi un pracer, aínda que as condicións eran bastante máis xustas que veces anteriores, foi un día excepcional de montaña, con pouca neve, sen transformar e menos xeo mais... un pracer na mellor compaña. A idea era facer outra vía ao día seguinte pero vendo as condicións da montaña eu decidín voltar e darlle unha sorpresa á familia, eles quedaron e fixeron a Elixir... pero iso é outra historia que podedes ver en trepadas, xunto cun bo conxunto de fotos!

Nas primeiras ramplas de entrada ao corredor

Chicho nas primeiras dificuldades, con pouca neve cada resalte se multiplica!
No diedro xeado... agora na foto paréceme que tiña máis do que no lugar, he he, estaba fino!!
A saída desa sección tamén tiña miolo!

Direitos a polo segundo estreitamento, ás veces deste nin nos enteiramos... pois desta tamén estaba longo, seco e fino... sempre gozando!

E protéxese tan mal coma o primeiro!

Chicho segue chupando cámara no mesmo resalte

Na parte superior os meus dous compis saen das últimas dificuldades

No espolón gozando do sol.

Precioso Ubiña! Richar e Chicho de camiño ao cumio co Espolón Oeste detrás

4 comentarios:

  1. Xosé, totalmente de acuerdo contigo, Ubiña es una joya.
    Un saludo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Parece que está ahí como vale... un recurso, me motivo y subo a arrastrarme, como si mala roca, malas condiciones, esteeeee... me hago un corredor, otro... sin hielo, o con tropezones ocasionales, pero salgo por arriba y... ostias... es una chorrada o me acabo de pegar un tute del copón, va a ser que paliza y he tenido que currar porque de lo contrario no paso, uff, pues si que.... ha ha ha, eso es UBIÑA, una perla en bruto!! ha ha, un saludo Diego!!!

      Eliminar
  2. Guapamente, a ver si hace frio por el piri y se puede hacer algo. Un abrazo compañero

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Seeeeeee Jesus, que aún no te has bajao de la tapia fanático!! te llamo en un par de día a ver si podemos coíncidir pero... o cambia esto o no se yo donde pincharemos... un abrazo titán!

      Eliminar