venres, 19 de decembro de 2014

Pared de Aragón. Pilastra: Vandals

Preciosa ruta! O lugar, a rocha e o estilo de apertura fan dos últimos cinco longos da Vandals unha escalada de grande beleza estética. Como estamos nos días máis curtos do ano, entrar pola feixa dels espàrrecs ten "mala prensa" e cada día somos máis cadelos... rapelamos os últimos cinco longos para dedicarnos só a eles, aburguesámonos facilmente! onde haxa un bo prato ben elaborado que se quiten as cociñadas! he he,  porén para rapelar a vía tamén hai que traballar, que non están os trasnos por favorecer as cousas neste mundo trepa. Vía altamente recomendable!
Toño levaba tempo dándome a brasa coa Vandals, a vía ten fama de obrigada e sempre iamos facendo algunha outra da Pilastra e escapando dela, o típico! un día calquera tiña que lle tocar! ergo agarramos as bicis para subir ao Montsec e a dar estopa (como di o Edu: biciescalada). A vía gustoumos moito, domina a escalada bonita nestes cinco longos, con un par de seccións esixentes para as que cómpre ir con 6c asentado, a protección é bastante boa en xeral, aínda que cumpriria facer un traballo de restauración das pontes de rocha, nós contribuímos mudando un par delas mais son moi numerosas e fundamentais para escalar esta placa (gran traballo dos aperturistas que se curraron unha xoia e nun estilo inmellorable). A uña vén ben, mais hai unha sección onde debeu romper parte da ñapa porque nesa inmundicia non pilla nada... apretada asegurada nese paso. Como sempre o bosquexo perfecto en Ganxets (aínda que a lonxitude dos longos é maior na realidade que no topo); esquecin a cámara así que tirei unhas fotos co móbil, se normalmente non me paro moito esta vez... he he.
Toño no primerio longo da Pilastra (penso que noveno da vía), unha beleza inzada de pontes de rocha! 6b+/6c
Agora no L2 da Pilastra, precioso muro de buracos, 7a
O L3 é bestial e ten unha apretada antolóxica, 7a
Toño no Ae, mellor levar un pedal para non penar moito!
Foto artística de móbil! he he, despois do Ae hai unha salidiña que non pasa desapercibida! 6c
Chegando ao cumio cos últimos raios de sol sobre a Paret de Catalunya, outro longo ben bonito! 6b+/6c
Imonos abonar a isto da biciescalada, porén mellor chegar ao coche de día porque de noite e por estas pistas... pa matarse oiga! Como diría Toño: "todo ventajas"


Ningún comentario:

Publicar un comentario