Nos últimos anos tiven Ubiña algo esquecida. Esta xoia do alpinismo do noroeste é un referente para a escalada en corredores que non lle ten que envexar nada a outras montañas aparentemente maiores, no corazón de Babía hai unha terra erma na que se ergue esta perla de caliza, arada pola rocha e o xeo para conter liñas que percorrer cando as súas particulares condicións cho permiten. Para os galegos e galegas sempre foi a nosa pedra filosofal alpinística, un terreo onde curtirse e con rutas de carácter.
Richar e Chicho íanse achegar un par de días e, como andaba ben de churripuntos, apunteime con eles a pasar algo de friaxe neses días de nadal nos que nos achegamos aos 10 graos negativos. Repetir con eles o
Corredor da Agulla foi un pracer, aínda que as condicións eran bastante máis xustas que veces anteriores, foi un día excepcional de montaña, con pouca neve, sen transformar e menos xeo mais... un pracer na mellor compaña. A idea era facer outra vía ao día seguinte pero vendo as condicións da montaña eu decidín voltar e darlle unha sorpresa á familia, eles quedaron e fixeron a
Elixir... pero iso é outra historia que podedes ver en
trepadas, xunto cun bo conxunto de fotos!
|
Nas primeiras ramplas de entrada ao corredor |
|
Chicho nas primeiras dificuldades, con pouca neve cada resalte se multiplica! |
|
No diedro xeado... agora na foto paréceme que tiña máis do que no lugar, he he, estaba fino!! |
|
|
A saída desa sección tamén tiña miolo! |
|
Direitos a polo segundo estreitamento, ás veces deste nin nos enteiramos... pois desta tamén estaba longo, seco e fino... sempre gozando! |
|
E protéxese tan mal coma o primeiro! |
|
Chicho segue chupando cámara no mesmo resalte |
|
Na parte superior os meus dous compis saen das últimas dificuldades |
|
No espolón gozando do sol. |
|
Precioso Ubiña! Richar e Chicho de camiño ao cumio co Espolón Oeste detrás |
Xosé, totalmente de acuerdo contigo, Ubiña es una joya.
ResponderEliminarUn saludo
Parece que está ahí como vale... un recurso, me motivo y subo a arrastrarme, como si mala roca, malas condiciones, esteeeee... me hago un corredor, otro... sin hielo, o con tropezones ocasionales, pero salgo por arriba y... ostias... es una chorrada o me acabo de pegar un tute del copón, va a ser que paliza y he tenido que currar porque de lo contrario no paso, uff, pues si que.... ha ha ha, eso es UBIÑA, una perla en bruto!! ha ha, un saludo Diego!!!
EliminarGuapamente, a ver si hace frio por el piri y se puede hacer algo. Un abrazo compañero
ResponderEliminarSeeeeeee Jesus, que aún no te has bajao de la tapia fanático!! te llamo en un par de día a ver si podemos coíncidir pero... o cambia esto o no se yo donde pincharemos... un abrazo titán!
Eliminar