domingo, 25 de xaneiro de 2015

Peña Telera: Mª José Aller

As nevadas son caprichosas como as condicións da montaña e, aínda non caeran as da última semana, o monte esteba seco e o xeo escaseaba. Vimos no korkuerika blog a bela ascensión desa nova apertura da vía Sonia e acendéronseme as luces, porén a Toño non o namoraba iso de máis rocha ca xeo, he he, deste xeito "il mostro do gliaccio" propúxome facer unha clásica para desenferruxar os piolos, eu aínda levaba en mente enganalo ao chegar aló mais, cando vin os primerios longos do Sonia secos de todo, tamén me apuntei a repetir o Mª José Aller... sempre gozando!
Este tipo de corredores clásicos depende moito da cantidade da neve e do estado en que se atope, outras veces téñoo feito sen case ver os resaltes iniciais, a primeira vez que o fixen con David nin sacamos a corda da mochila... nesta ocasión estaba divertido e pasamos un día excepcional de escalada, cunha saída un pouco escasa pero igualmente gozosa. A aproximación en seco é outra historia e daba algo de peniña ver a montaña en pleno xaneiro nese estado mais.... cada ano peor, non sei onde lin que 2014 fora o ano mais caluroso desde mil oitocentos e pico.... é o futuro que nos espera nesta sociedade da comodidade e o consumismo: quentar o planeta para acabar con todo o que non sexa artificial!
Condicións secas... a gran diagonal parece o Gabarrou-Albinoni, he he.

No primerio resalte
Toño gozando do xeo e algo de mixto nesta sección intermedia
De novo toño no longo de saída, o máis seco e tamén o máis divertido!
Perto do cumio, aqui subia unha "brisa" que te deixaba teso!
Ao día seguinte fomos pinchar todo o que se podía en Canal Royá, aquí comezando Canal Royá Wall. Cando faciamos Enajenación, en condicións algo lamentables, pegou un estalido a fervenza (ese "broouum" típico) que saín corredo dela e levaba tempo sen pasar un medo dese calibre nunha cascada! aínda se me pon agora o piloto en vermello, he he!!
E un par de días despois fun con Miguel a Barrosa, pensamos que aínda con malas condicións Oceano Pacifíco estaría formada, pois NON, pateo en balde e a cruzar o tunel para pinchar na Dorada, Miguel en plena acción nunha Dorada algo lamentable tamén

2 comentarios:

  1. Menudo acojone debeu ser o ruido de estoupido da fervenza!
    Unha pasada de actividade. Vémonos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois... se estás enriba da fervenza non mola nada!!!! Apertas Carlos!

      Eliminar