xoves, 5 de marzo de 2015

Periplo pirenaico: L`eau l´eau, Antártic, Islandis...

Retorno ao curruncho cibernético para contar unha historia. Neste caso a viaxe non é iniciática mais a experiencia foi pura e intensa, a proba de que a escalada depende moito do cómo e de con quén a fas, esta historía fala da xuntanza entre amigos e do pracer de compartir experiencias. Foron días nos que tiven dous reencontros; por unha banda... volveu Martín! despois de moitos meses lonxe das montañas, debido a esa afección que o tirou nas garras da inactividade obrigada, está de regreso e con vontade de dar estopa, particularmente eu botábao moito de menos, grande escalador e enorme persoa!; por outra banda... volvín encordarme con Diego "dolomiti", e foi un encontro fantástico que me deixou un gran sabor de boca e abriu canles de proxectos comúns, un pracer compartir corda con este amigo do país das tapias, cada día que pasa máis forte e completo como escalador e tamén máis auténtico como persoa. Un gran pracer amigos!!
 
Quedo con Martín para xuntarnos un día calquera e ir ata Boí facer Islandís, parecía que coas últimas nevadas había que ir onde o xeo non acumulase e a columna final desta vía era unha garantía, despois de tanto tempo o que tivo retivo, o meu compi cumpre coma un titán e gozamos dunha noite de furgo e dun día espectacular. Catro días despois aterriza Diego que vén desde Dolomitas a coñecer Gavarnie, unha nevada reciente fai que as condicións do circo muden e a predicición é bastante mala, porén as gañas pódennos e, debido a un percance coa policia controladora, non tiramos camiño ata avanzada a mañá... nese intre lembro que Edu acaba de regresar de Gavarnie, danos info fresca para que non vaiamos, he he, salvados pola campá! Grazas Edu! Tocaba elaborar un plan B, ese mesmo día subimos a Izas e, na quenda de tarde, facemos L´eau-l´eau, xa pola tardiña, despois dunha birra con Martín, fuximos cara Boí para ao día seguinte facer doblete con Antáctic e Islandis en condicións de vento patagónico; o último día de actividade con Diego daban moitísimo aire norte, dese que aínda che permite trepar en Riglos, aló fomos con intención de facer a Fiesta mais atopamos cola na entrada e mudamos á Chinatown, preciosa via que, sen esperas nin atascos, nos ofrece unha escalada antolóxica para gozar sen medida. Tres días de actividade con Diego e, como soe ser costume con estes dolomitis, sempre correndo! Un verdadeiro pracer! Vexamos unhas fotos destes días.
Martín saíndo do segundo resalte de Islandis
Martin de regreso! rodeado de xeo ao pé da columna final.
Escalando esta bonita columna que remata Islandis!
Bonita foto chegando ao muro de Izas, coa gran masa de xeo superior da L´eau á vista. Masificación a tope, ao chegar había cordadas en todos lados, subimos cara a Colgada pensando que só había dúas e detrás dunha árbore estaban outras dúas, buaaaa... menos mal que unha cordada que había na entrada de L´eau estaba facendo unha polea, na "autopista" pillamos aos que ían por riba que estaban na base da mesma masa de xeo cando nós comezabamos!!!
No noso segundo longo de L´eau l´eau, fixemola en 4 longos con algún emsamble, preciosa vía!
Diego na vertical dese mesmo longo
De novo Diego, agora saíndo do estreitamento que nos poría na base da "autopista"
Comezando a "autopista",  por riba á dereita aínda vemos aos que nos precedian!
Diego sae da gran masa de xeo co val detrás, e a Colgada definida na parede de rocha!
Un par de pioletazos e cumio!
Xogamos en Boí... comezando Antáctic, preciosa goulotte de entrada!
Moito vento e xistra, coladas de neve continua!
Terceiro longo de Antártic en condicións patagónicas
Diego no último longo... e seguimos con coladas e vento cabrón!
Ao baixar de Antártic un té quente e retomamos con Islandis, foto no muro do segundo longo!
Diego na fantástica columna final de Islandis
As condición patagónicas continuaban en Islandis, aquí saíndo da columna!
Saíndo do abismo con todo posto e, despois de esperar case unha hora por outras cordadas e ao vento, completamente conxelado!!
Ao baixar Diego levoume a ver a Igrexa de San Clemente de Taull, con frescos do século XII, parece que un dos mellores exemplos de Románico Catalán. Menos mal que Diego é un gran coñecedor da arte porque eu non tiña nin idea da importancia cultural desta igrexa, el é italiano e en canto escoitou "taull" preguntou se son seria ese o sitio onde se atopaba esta igrexa, curiosa forma tiven eu de coñecela! he he!
O último día de actividade! como daban moito vento de norte fomos a Riglos, no primeiro longo da Chinatown!
Diego rematando o L2
No L4 cédolle a corda para que goce deste precioso 6b+ que percorre o mesmo fío da Visera
Magnífico longo!

Apretando para saír da superpanza á dereita do "teito do cu estreito", bruto 6c!!

Comezando o último longo, 6c+
Diego posturea... non sabe a apretada que lle espera para entrar na canle final...
Nesta panza a apretada xa empeza a ser antolóxica, he he, acabouse o postureo!!

Un pracer compañeiro!!!
Na baixada facémoslle a nosa particular homenaxe ao burro riglense!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario