luns, 1 de decembro de 2014

Pared de Aragón. Pilastra: El dret a decidir

De novo na Pared de Aragón, había que probar algunha desas vías que ultimamente proliferan por esa placa alucinante que define a parte dereita da Pilastra. Esta zona mantívose algo á marxe debido ao incómodo acceso, porén a rocha é magnífica en xeral e, aínda que é a primeira que facemos nesta placa, as vías aparentan ter cara de vello de mar curtido, con carácter e a sabiduría do coñecemento da materia. Un novo terreo onde "extender" as vías da Pilastra e no que gozar de liñas atractivas de aventura, novas mais con sabor a caldo da aboa en cociña de leña... onde hai que ir facendo o xantar de vagar.
El dret a decidir é unha vía do 2013, aberta en moi bo estilo por Kim S., Salvador F. e Davíd  G. Tratase dunha ruta que camiña por unha placa de buracos preciosa, chea de pontes de rocha, onde hai que navegar sen baixarte do 6b e apretar o traseiro nalgún caso. A vía nace na R8 da Vandals e ten varias formas de acceso que podemos ver no estupendo artigo de Albert S. en Ganxets, no noso caso, despois de consultar con varios gurús do lugar, optamos polo rápel, talvez o máis cómodo pero, persoalmente, non nos encantou "descubrirlle" algúns secredos á ruta durante a baixada, claro que poderiamos non ternos fixado mais... cada día máis vellos e máis cagóns! Actualmente o rápel son dous bolts cincados nun bloque que mira para catalunya, hai un fito pequeno que o sinala, e 20 mts máis embaixo hai un fito enorme que marca os rapeles da nova vía De los niños. No último rápel facemos o "panoli" e engánchansenos as cordas, houbo que subir por elas e ese longo quedou pendente, en fin... por certo, Toño subíu a bici e é caralluda para atacar estas vías da Pilastra, subida relativamente cómoda e baixada de luxo, eu non tiña mais para a próxima non me pilla sen ela, he he.

Toño no L3, precioso muro de pontes de rocha e algunha chapa, 6b+
O inicio do L4 é bonito e fotoxénico, na parte de enriba hai un muro apretón, 6b+
O penúltimo longo é fantástico, un desplome moi duro, que aceramos sen impunidade, e un muro obrigado de buracos para protexer con totems e micros, 7b.
Preciosa placa que te fai escalar, en vez de usar o alien verde (como pon o bosquexo) nós usamos o azul.
Último longo para saír por un diedro fácil moi roto, V+
Precioso mar de nubes co Pireneo nevado detrás, vista desde o Monsec de Estall
Toño pásame na bici coma un lóstrego! bo recurso para estas vías!

4 comentarios:

  1. BICIESCALADA¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡BUEN DEPORTE ESE,,,COMO OS LO MONTAIS JEJEJE. LA VIA PARECE BIEN BONITA.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. EDUUU... MOLA LA BICI PARA SUBIR A LA P. DE ARAGÓN, MOLA MUUCHO!! HE HE. BUENA VÍA! SEGURO QUE YA CONOCES ALGUNAS PERO ESTAS VIAS TIENEN MUY BUENA PINTA PORQUE LA PLACA ES DE ROCA EXCELENTE PARA SER EL CONGOSTRO, SALUDITOS!!

      Eliminar
  2. Vexo que tiveches un outono e un comezo do inverno cunha chea de actividades. Coma sempre, unha pasada de vías e de fotos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas Carlos, ultimamente non te deixas ver moito, ben... eu tp me rodigo moito, he he. Apertas!

      Eliminar