luns, 24 de novembro de 2014

St. Llorenç de Montgai: Carnaval Rock + Directa ao Cilindre

En Aragón daban mal tempo e en Lleida caralludo así que había que visitar o país veciño. Toño non coñecía St. Llorenç e, tendo en conta a climatoloxía, a min tamén me parecía boa idea pasar un día relaxado e soleado neste precioso canto lleidano. Durmimos en Huesca e saímos con moita calma, eran case as 12h cando comezamos a facer a primeira vía, en St. llorenç a máxima é relaxarse e fluír, e para abandonarse ao pracer somos os putos amos, he he.
A Carnaval Rock non parece unha mala vía pero podería estar en mellores condicións de "acondicionamento", he he. Formada por placas aparentemente perfectas, propias da Paret de l´Ós, cruza algunha zona deses matos pinchudos do lugar e, aínda que che permite escalar decentemente, as mellores partes da vía están cubertas polo liquen/mofo propio desta parede e, nalgúns casos, dificulta a escalada, como a panza de 6c+, algo a bloque mais que hai ben tempo que non se libera, eses ínfimos agarres precisan un "cepillado" porque con eses pelos non se pode saír de copas, he he. A vía está equipada mais no primeiro longo resuntan case necesarios un 0,5, para montar un seguro de R0, e un 0,4 para protexer a chegada á primeria chapa; no L2 hai unha travesía que non é difícil mais está algo expo pola suciedade da placa. Levabamos a guía Lleida Climbs e, sobre a foto, pintaron unha liña desta vía que non se corresponde coa realidade, por como a puxeron poderían tela posto por calquera sítio e, como non adiviñabamos onde comezaba, tiramos de novas tecnolóxías telefónicas e consultamos o bosquexo do luichy, poucas referencias pero como sempre perfectas tanto para comezar a ruta como para seguila, un luxo! Cando baixabamos apareceu Jesus, non lle daba tempo para trepar porque tiña que ir buscar aos rapaces, tomamos unha birra xuntos e, como pensabamos facer a Directa ao Cilindre (o bosquexo en escalatroncs), apuntounos o método "todo en un", he he, o primeiro escala os dous primeiros longos e o segundo sae do chan e acaba no cumio, o que chama un auténtico "todo en un", bo método para gastar antebrazo! he he, un pracer jesus!!
Toño comezando a vía, 6b, os dous primerios longos son os mellores!
Saíndo da panza cabrona do L2, 6c+, pena de mofo!
Toño de novo, comezando o L3, V+
Agora na Directa ao Cilindre facendo un "todo en un", 95 mts dun tirón recomendados polo Jesus, he he, a outra vez que a fixera con Pablo e Jesus fixemos catro longos de 6a, 6b, 6a+ e 6a.

Ningún comentario:

Publicar un comentario