Lagarto non é lagartixa!! Dicir Cienfuéns é nomear a natureza salvaxe e a escalada con carácter, aló volvemos de cando en vez para lembrar que a aventura de trepar é o que nos motiva, esquecendo as polémicas, esperando que o sentido común, o tempo e o diálogo acheguen posturas e éticas, esperando que a ambición sexa humilde e os corazóns enormes, que os valores prevalezan e a intelixencia flúa... afrontar os problemas de modo non excluínte senón complementario, ser críticos cun mesmo ata nas nosas apostas máis vitais, aprender cada día dos nosos e dos contrarios, e volver, sempre volver, a navegar neste mar embravecido, e sentir... para que permaneza fero e indómito, bruto, ventureiro e soberbio como o atopamos.
A idea era escalar, eu pensara en Peña Rueba e Toño en Montrebei... e como os plans sempre poden mellorar ao final fomos a Cienfuéns a facer a
Lagarto Negro. Cómpre felicitar aos "premiados" que a percorreron por primeira vez porque é unha boa via, moi ben aberta e, alén de xuntarse coa
kundalini no L5 (actualmente soe facerse a R4 da
Lagarto Negro e o comezo dese longo en vez do trazado orixinal da
Kundalini), con personalidade propia de fenda, mesmo sería interesante levar unhas luvas para empotrar na fenda de mans que percorre a maior parte dos tres primeiros longos. A panza dura do L1 é para nota, ufff, un pedal pode vir ben. O resto da vía é de boa rocha (tendo en conta que estamos en Cienfuéns), excepto algún tramo do L6... pero o final dese longo é moi curioso e moi bonito. O L2 e L3 poden unirse xestionando ben as cordas e, principalmente, levando máis "cacharros" grandes. O bosquexo no
Blog de Nacho Bueno con toda a info necesaria, porén, ademais do material indicado, poden levarse algúns empotradores.
|
O inicio é moi bo, ata que chegas a esa panza na que... te agarras a todo, he he, 6b+/A1 |
|
Toño conecta coa fenda dese L1, boísima! mais co grao apretado. Personalmente aconsellaría levar unhas luvas de fenda. |
|
O L2 é curto pero ten un teito que hai que negociar, 6b+ |
|
O L3 tamén é curto e tamén ten unha fenda moi boa, 6b/6b+ |
|
Toño rematando o L6, final apoteósico deste longo onde agarras cacho de sabina a tope, nunha fenda diagonal, pero os popeyes ínchanse igual, he he, 6b. A parte final deste longo encantoume! |
|
Outro longo curto para rematar no cumio... fenda fina que se protexe ben, 6b. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario