xoves, 17 de xullo de 2014

Serra Carbonera. Paret de les Gralles: Terra Lliure

Aquí estamos de novo! esta vez na procura de sombra por terras catalanas. Pablo andaba polo Pireneo facendo uns cursos de Técnico Deportivo e tiña a finde libre así que, falando con Jesus e vendo que o tempo pintaba bastante inestable en Aragón, decidimos visitar esta parede próxima a Camarasa; uníronsenos Victor Francia e o Sallas, pai das últimas criaturas que se están abrindo na parede, eles ían intentar liberar algunha vía que tiñan pendente. A orientación norte resérvanos este muro como lugar ideal para o verán mais tamén fai que a rocha sexa menos compacta que as súas tapias veciñas.

Terra Lliure é unha das escollidas por Pep Soldevila para as cen mellores de Catalunya, e penso que acertadamente pola peculiariade da súa rocha, menos compacta mais aceptable e bastante diferente ao que se soe escalar pola zona, particularmente pareceume bastante boa; a parede isolada e o arrecendo a salvaxe do lugar fan desta vía unha pequena aventura de cinco longos con ambiente, onde hai que seguir a continuidade das fendas pola parede ata saír do muro por unha cheminea de valor estético e con carácter. Déixovos unha montaxe que fixen con fotos e algún vídeo curto, o erro é que a música remata antes ca o vídeo, en fin... non tiven vontade de volvelo facer! No Blog de Jesus podedes ver máis info sobre a vía e un bosquexo excelelente. Ao día seguinte fomos a Riglos, Pablo quería usar os cacharros así que boleto para a Vía del Silencio, tivemos que baixarnos da R5 pola choiva, unha pena porque é unha vía excelente! mais ese é outro conto...

Terra Lliure

Ao pé de Camarasa esta a Serra Carbonera, do pouco que hai por esta zona con orientación norte!

O Jesus que está tó loco!!

2 comentarios:

  1. Respostas
    1. buenooo... pues cuando me paré algo y con tiempo entonces te hago un cuadro de Velazquez, he he!!

      Eliminar