sábado, 9 de agosto de 2014

Peñas de Prao: Reina Loba

Escapada rápida con Diego para sacarnos a ferruxe de criar ananos todo o día, é un pracer estar cos picaros mais, ás veces, hai que gozar doutros "entretementos". A parede SO de Penas de Prao sempre é unha boa opción, co permiso da herba das fendas, e a actividade soe ser un pracer á medida... nin moita tensión nin relax total... nin moi longo nin demasiado curto... e se quedas con "fame" podes repetir, todo un luxo a 2:15h de Lugo.

A Reina Loba sorprendeume agradablemente, teño que felicitar aos aperturistas porque me pareceu do mellor que se pode escalar nesta parede, e probablemente en todo Penas de Prao. A entrada faise ben en zapatillas por viras de herba mais logo pillas todo o espolón e a cousa muda a placa vertical, con fendas e buracos para pasar en "libre bonito" e sen pinga de herba, está bastante equipada porén teremos que levar 5-6 empotras variados e algúns friens medianos-pequenos. Para baixar penso que talvez sexa mellor facer tres rapeles pola vía, aínda que se queredes baixar por Senda Vertical tamén se pode saír por unha canle fácil, aínda que moi rota, e facendo un pequeno longo pola arista cun pasiño de IV. Cando estabamos na vía atopámonos con Ivan e Dani que estaban facendo Mondo Difficile, este mundo que é mais pequeno do que aparenta! he he, ao final aquilo parecia un stage da Escola, ha ha, e como iamos paralelos aínda lles fixen unhas fotos....

Preciosa aproximación inzada de lirios en plena flor
Comezando o L2, que realmente é o incio da ruta porque o L1 faise en zapatillas, 6a+
Diego quítame a corda e ponse a trepar este precioso L3, 6a
De novo o meu compi nese mesmo longo... agora gabeando polo medio do espolón!
Á nosa dereita Dani asegura a Ivan mentres se "come" o off-width de Mondo Difficile

I
E mentres Ivan lle recupera a Dani... Diego chega á nosa R4, 6b+, outro longo ben bonito! Mola esta foto!
Dani escala o que creo é o L4 de Mondo Difficile, desde a reu tiña unhas fotos bárbaras!
De novo Dani... engarabitando por ese universo de rocha!!
Nós ao noso, ese último longo tamén é fantástico... e ao final fixome apretar!! 6a+ apretón, he he.
Diego saíndo da parte superior do espolón, antes da nosa última reu.
Na arista que nos levaría ata o cumio para descender por Senda Vertical

Ningún comentario:

Publicar un comentario