mércores, 20 de agosto de 2014

Ordesa. Pilar de cotatuero: Aurora

Unha nova escapadiña a Ordesa para seguir gozando desta peculiar escalada onde, á marxe do grao, hai que porse as pilas sempre. Ordesa é o verdadeiro paraíso da aventura, é un fénix da escalada que renace dentro de nós en cada vía, é un poema indómito, Ordesa é o alicerce do sentimento de tapia e a materia da que se fan os soños do escalador. Esta vez eramos Toño, Manolo e eu, mal número para trepar por estes armarios empotrados con fios cortantes coma navallas, mais eramos os que eramos, nin mais nin menos! he he, o proposito era un gran día de escalada...


A primeira intención era a habitual combinación da parte inferior da Aurora coa parte superior do Chico del martini, pero algúns relatos de pitóns que faltaban nesta última, de uff! así sae moi obrigado ou de tirar os cravos coa man... botáronnos para atras e decidimos deixar a combinación para cando alguén pase antes cunha maza, ou nos abandone o trasno ese que che fai pechar a glandula que fica embaixo da rabadilla, si... ese co que deseguida apañas algunha desculpa, he he. A Aurora é unha ruta que me deixou sensacións encontradas porque ten longos preciosos e longos bastante mediocres, non é unha vía difícil pero tampouco é fácil, non é unha das xoias de Ordesa pero é tipicamente ordesiana, non é dificil de seguir pero hai que negociala, en fin... que hai que escalala, como soe pasar neste canto do mundo con todas as vías! A primeira parte é bastante boa, principalmente os longos máis dificiles, mais hai que navegar; logo veñen tres longos malos e cabróns, ainda que non son difíliles, e os tres últimos acaban deixándote un excelente sabor de boca porque son excelentes. Levamos varios bosquexos pero o que máis nos gustou foi o da magnífica "biblia" do lugar de C. Ravier e R. Thivel: Escaladas en Ordesa, e estoutro de Matxinklimb. Hai van unhas fotos...

Manolo chegando á R5, 6b+, os longos 4 e 5 cremos que é boa apción unilos, xestionando algo as cordas fanse ben e son moi bos e con ambiente.
A única foto "decente" que me fixeron, os meus compis son enormes escalando pero uns abandonados da fotografía, he he, comezando o L6, 6a, placa delicada e algo rota.

Boa foto de Toño comezando o L9 coa Fraucata detrás, V+, ir de segundo cunha soa corda de 8 por estes bloques e facendo estas travesías dá que pensar!
Toño sacoulle a corda a Manolo e púxose a trepar este precioso teito do L11, un 6b superdesplomado mais con supercantos
Outro longo fantástico, "todo ventajas", 6b
Manolo asegura atentamente baixo a ollada do Pilar de la primavera e do Tridente, como sempre Ordesa está preciosa!
Toño segue negociando este L12, con canto mais de pés finos.
O último longo tamén me pareceu bastante bo, 6a+ plaqueiro e con algo de ambiente!
Excepcional o Pilar de Cotatuero! A foto é de Richar e Beni que andaban por aló dando unhas voltas.
Richar fainos esta foto no último longo, tremendo zoom que algún deus da tecnoloxía lle puxo na cámara!
No cumio, maduriños pero con ghancho! he he, un pracer!


Ningún comentario:

Publicar un comentario