O frechín é ese mallo que se atopa entre a Visera e o Cuchillo e que, ata hai uns anos, estibo esquecido debido ao vetusto equipamento das súas vías, á mediocre calidade da rocha e, principalmente, por estar á sombra doutros colosos máis recoñecidos. O reequipamento moderno e a apertura de novas rutas revitalizou este mallo que, na miña opinión, resulta moi interesante para iniciarse na escalada en Riglos de xeito cómodo e con equipamento abondo.
Irene y la Paz foi unha grata sorpresa. Outra vía da factoría F. Cobos que me pareceu do mellor que se pode escalar no Frechín, con tramos de rocha dubidosa e outros de rocha excelente, supera os que probablemente sexan os mellores muros deste mallo. Alén da fama de moi equipada, que acho acertada no caso das seccións máis duras, en moitas zonas teremos que trepar por terreo ben equipado pero sen ser para nada excesivo. A ruta crúzase coa J. A. Sanz no quinto longo dando lugar a certas dúbidas, a nosa vaise á esquerda seguindo as chapas de cor douradas (as prateadas son da J. A. Sanz). O máis difícil é o comezo do L2, saír da R1 pola esquerda. O mellor: o excelente muro do L6. Hai van unhas fotos.
|
Kiko comezando a vía, talvez o longo máis roto, V+ |
|
No segundo longo, 6b+ |
|
Na Mosquitos overbooking. E outra cordada que se perde buscando o inicio da Zulú e entran por El vuelo del Fenix, finalmente todos acaban facendo a R1 da Shakleton e travesía enorme á esquerda para buscar a Zulú; isto pasa habitualmente debido a que as sucesivas guías de Riglos reproducen un erro común mostrando unha entrada diferente para a Supercrack e a Zulú, a xente ve a primeira linea de chapas e pensa que a Zulú será a seguinte e finalmente acaban en El Vuelo del Fenix, normal! descoñecen que a entrada da Supercrack e a Zulú coinciden. |
|
O L3, 6a, estes longos son moi bos! |
|
O L4 é curto pero moi divertido, 6b. |
|
No L5 é onde te podes confundir con J. A. Sanz, 6a. |
|
Este muro do L6 é un goce, o mellor! 6b. |
|
No cumio con Kiko, un pracer. Ao fondo vese a subida que nos leva ata a cima da Visera e á baixada! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario