venres, 7 de xuño de 2013

Pilastra dels Voltors: Los cuarentones

Escapada rápida a Montrebei con Toño que había nada que regresara de Yosemite, pegáronse uns cantos quilómetros de granito durante un mes, parece ser que pouco pararon, vivindo entre a vertical e o xogo das agachadas cos rangers do campo catro, sempre gozando! O día anterior quedamos en Riglos, tamén andaban por aló Pipi e Inma que ian facer El pajaro, a idea pareceunos boa así que decidimos acompañalas, sós no Pisón, unha cordada masculina galego-aragonesa e outra femenina de "granaínas", boa convinación e, probablemente, nunha das mellores vías deste mallo.
Ao día seguinte marchamos para a parede de Aragón, a min Los cuarentones pareceume unha boa vía, (aínda que nós xa imos máis para "cincuentóns") algo expo nalgúns puntos máis en conxunto unha beleza de corte clásico... a Toño  non lle gustou, aínda que ese día seguro que tiña algún virus! he he. Pero como son eu o que escribo... creo que a rota e moi recomendable, con seccións clásicas e placas preciosas onde manter o olfato atento, ingredientes da cociña Montrebei, porén non se debe facer moito porque hai seccións onde as arañas teñen a hexemonía do territorio; os aperturistas uns auténticos monstros, o sexto longo é unha placa de buracos alucinante e cómpre prestar atención no inicio do L3 e L8 porque son algo delicados. Tedes bosquexos estupendos de todas as vías da Pilastra en ganxets, cortesía de Albert Salvadó. Unhas fotos...

Pipi no L1 do Pajaro, estupenda vía!!

Inma e Pipi... currándose El pajaro por encima da entosta, dúas auténticas machines!

Xogamos en Montrebei. Toño en acción... este inicio do L3, ata chegar a unha ponte de rocha cutre, é para templar os nervos; menos mal que lle tocou ao Toño, he he. 6b+.

Vistas desde a cómoda R5, o L4 e L5 vale a pena unilos, para entrar nesta reu tes que cruzar "a selva" e atopas o "hotel-coba de Alibabá e as corenta buitreras", 6a.

De novo Toño dando estopa! este L6 é bestial... para encadealo hai que ir finísimo na última chapa, 7b, máis por embaixo tes case 50 mts de muro de bidedos e monodedos alucinante, saírá como de 7a, precioso!

O último longo ten un pasiño na saída da reu que non mola, talvez estaría ben pór algún seguro aquí para evitar un factor dous moi feo! a Toño tocoulle todo o "malo", he he, 6a+.

Ningún comentario:

Publicar un comentario