xoves, 23 de maio de 2013

Leiva: Gallego-Carrillo e Fisura Carrillo-Vera

Despois do periplo por Alicante fomos facerlle unha visita ao Julián e familia, sempre é un pracer porque sempre nos sentimos como na casa, alén de que aínda non coñeciamos á enana e iso, por si mesmo, xa merecia a visita. En dous días escalamos dúas vías porque xa ía moita calor e só se podía trepar a partir das catro da tarde, as mañas dedicámolas a durmir e ao turismo relaxado, sempre gozando... Fixemos dúas rotas clásicas que son moi bonitas, alén de ben protexidas: A Gallego-Carrillo, á que tamén chaman "la primera" porque foi a primeira rota desta muralla, e para a que veñen ben uns empotradores, había que facela por ser a clásica entre as clásicas da muralla de Leiva. A Fisura Carrillo-Vera era a opción de primeiras sombras nas parede, ademais de vía bonita era a elección intelixente nestas terras onde o sol é un inimigo nestas datas, he he, unhas fotos
Primeiro longo da Gallego-Carrillo, sen uns empotradores este longo de V+ pode mosquearte!

Martin no L2, outro V+ no que algún empotra pode animarche a vida!

O L3 é o mais difícil, 6b+ de resistencia cun pasiño de apretar antes da chegada á reu, a min pareceume algo máis duro!

Con este longo case de transición, IV+, e un último de V+ rematas esta bonita rota

Polas mañas durmir ata tarde e visitar vilas como El Berro, onde Martin se anima ao ritmo da terceira idade, entre a alerxia e a galvana andaba algo aletargado, he he.

De novo en ruta... Julián atacando o L1 da fenda Carrillo-Vera, 6a+, esta vía pareceume moi bonita!

Martin no longo chave, 6b+, esta fenda desplomada era boísima!

De novo o noso titán particular na sección clave da rota.

O terceiro e último longo, 6a+/b, tamén moi bonito e con algún pasiño!

Na cima atopámonos con Mallory e Ïrvine agochados na pouca sombra que se podía pillar, botando un cigarriño! ha ha.

Ningún comentario:

Publicar un comentario