luns, 20 de maio de 2013

Tozal de levante: Amanecer

Volvemos ao Ponotx... aínda que esta vez xogamos no Tozal. Este muro ten realmente un problema na  barreira de teitos, pasalo supón un exercicio de audacia e, normalmente, de pedaleo rebentalombos, mais tamén é o seu mellor atractivo... por ese mesmo exercício de audacia e de visión cómpre felicitar aos aperturistas que deixaron para o futuro unha xoia de vía e, non esquezamos, en 1981; alén diso, unha vez metidos en tomate, combén saír por riba porque a retirada podería ser un circo. A rota foi reequipada en parte por Anaya e colegas en 2005, bo traballo co que gozamos da presencia dalgún párabolt en zonas estratéxicas... porén penso que actualmente cómpre mudar algunhas drizas e pontes de rocha porque están realmente moi deterioradas.
A Amanecer é unha vía magnífica e, aínda que a tapia non pasa dos 300 mts, hai que tomala con tempo porque ten algúns longos de artifo onde non se pode correr, no cuarto longo hai un par de seccións de uñas que dan certo traballo e os longos en libre son de aventura, con seccións onde currarse a protección e outras de buscar a rota. Atención no L6: despois de chapar o primeiro pitón non continuedes de frente na procura dunha fenda, franqueade a placa en travesía á dereita para pillar outro pitón agochado nun buraco...en conxunto unha vía completa e moi recomendable; o bosquexo que levamos é de Jose Anaya, atopeino en theverticalglobero... agora vexamos unhas fotos.

Martin no A2e do primeiro longo, 50 mts cunha sección en artifo e un paso cabrón entre seguros.
Martín de novo, agora no L2, outros 50 mts cunha sección delicada ao principio e outra de apretar ben equipada, ata unha figueira seca baixo os teitos.
O meu compi pedaleando a morte neste L3, A2e, seguro que non nos chove!!
Outra foto de Martín neste longo impresionante!!
O L4 penso que é o longo chave, comeza nesta travesía de 6a e continúa en artifo por uns 30 mts de placa desplomada.

Pedaleando co Mediterráneo detrás, levade dúas uñas de tamaño mediano para este lóngo, de garra en garra e aguantando a respiración... he he, sempre gozando!
No L5 gardamos os estribos e escalamos un longo curto pero bonito de 6b
O L6 é moi bo, 6a+, talvez incluso algo máis picante ca o anterior. Non vos despistedes e buscade o pitón agochado na parte dereita da placa, seguir de frente é un pequeno marrón!
A gran travesía do "super vivac del fuego", ao final hai dúas pontes de rocha e podes facer unha reunión cómoda para afrontar o último longo... estamos maiores para ensambles por pequenos que sexan, he he!!
Con Martin no cumio, satisfeitos e motivados por esta preciosa vía. Na liña de mar os rañaceos de Gotan... vaites, pero se é Benidorrrrrn!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario