luns, 24 de xuño de 2013

A Peneda: "S" + variante de saída

Tantos anos sen ir á Peneda xa me tiñan alonxado das sensacións que se viven escalando a parede da Meadinha, hai que volver e facelo máis a miudo! Este muro, modesto en metros, é unha das mellores tapias de granito que se poden escalar; case ningún longo ten desperdicio neste canto do norte de Portugal, placas equipadas nas que hai que moverse adecuadamente e fendas limpas onde apretar duro, alén dun factor psicolóxico que te acompaña en moitas vías... eses son os ingredientes básicos da cociña da Meadinha, e cargar con ferralla abonda sempre virá ben, principalmente aqueles friends con tamaños imposibles que odiamos colgar do cinto, agradecerás telos cando che toque apretar os dentes, he he.
A idea era outra mais cando todo se torce hai que procurar alternativas, ir ata a Peneda foi unha idea fantástica, ademais do pracer de volver a escalar con Diego e reencontrarme con Tino nunha parede. A "S" é unha clásica entre as clásicas da Peneda, e é un título merecido, ningún longo ten desperdicio e a saída pola variante ata o cumio dálle carácter, ademais de ser un dos mellores longos xunto co segundo, ao que lle chaman 6b+, aínda que hai anos era 6c... o que está claro é que hai que apretalo, he he. Todos os bosquexos da Peneda tédelos en meadinha.com, un exemplo de como facer guías de escalada sen editar libros e máis libros que, hoxe en día, son bastante pouco funcionais e terriblemente irrespetuosos con medio. Só me falta animar aos que non coñezades a Meadinha a facerlle unha visita porque merece moito a pena e estou seguro que non vos defraudará. Vexamos unhas fotos!

Tino comezando o L1, V+

Agora asegurándonos desde a R1

De novo Tino, comezando o L2 pola placa, a fenda estaba empapada, 6b+

Este segundo longo é fantástico, a fenda estaba moi mollada mais segundo se ían acabando os bos cantos tamén se secaba, é curioso como se usan os vellos buracos dos pitóns para apretar na fenda cega! boísimo longo!

Diego saíndo da media lúa dese L2

No L3 por baixo do teitiño, 6a+

Tino e Diego comezando ese terceiro longo

Diego no L4, pasada a placa vertical da saída da reunión, 6c.

Tino apretando nas fendas superiores dese L4

Diego saíndo do último longo, 6c, unha fenda preciosa que supón a saída natural da "S"; por baixo o mosteiro e a aldea da Peneda. Teño que dicir que os meus compis son uns impresentables: os dous con cámara de fotos, véndome trepar por unha fenda preciosa, cunha perspectiva fantástica da fenda, ollando para min... e a ningún se lle ocorreu facer unha foto, había que colgalos dun mastil en alta mar!! he he.

Os tres gozando do cumio, un pracer volver escalar con Diego, cada vez máis forte e con máis "tablas" e, por suposto, volver compartir metros de tapia con Tino, un titán en todos os aspectos!

Non lembraba a baixada camiñando, un pouco cabrona, mellor usar a vira que sae á esquerda desde o cumio. A cima da peneda é un universo de bloques que se pilla algún que eu me sei... bonito lugar!

Un pequeno bosquexo co material que considero adecuado para os mindundis coma nós... aínda que se vas forte sempre podes alixeirar peso!

3 comentarios:

  1. jeje, pagará a pena subi-la colcho ata ahí enriba?

    unha aperta, xosé, alédame ver que sigues disfrutando da rocha pese á calor!

    nós agardando con ansia que chegue o outono, jajaja

    ResponderEliminar
  2. Luis.... pois pensei en ti cando vin ese universo bloqueiro, seguro que sen explotar! calor si pero con fanatismo vaise andando, he he, aqui sigo esperando que me a pasar frío e a agarrar os bloques polo lado malo!!!

    ResponderEliminar
  3. Non sei se vale a pena porque ata a arriba de todo hai unha boa pateada e habería que mellorar o camiño que é bastante cutre, porén ao pe do camiño de subida á presa xa hai moitos bloques que poderían estar ben, alén de que todo é ir entrando nunha zona para sacarlle o zume, he he, un paseo familiar e fotográfico podelo facer, que o sitio e chulo, e mirarlle as posibilidades!! Outra historia é que está a algo mais de duas horas....

    ResponderEliminar